Skip to main content

Debuxo Técnico II Bach *

Debuxo Técnico II
Tipo de materia: Curso: Horas semanais:
Troncal de Opción 4
Descrición da materia:

O Debuxo Técnico como disciplina, ou materia, comparte e reafirma os mesmos obxectivos xerais que ten durante o primeiro curso. Neste caso para cursar esta materia é necesario ter cursado no ano anterior Debuxo Técnico I.

Ao longo do segundo curso introdúcese un bloque novo ("Documentación gráfica de proxectos"), en lugar de “Normalización”, para a integración das destrezas adquiridas na etapa. Xa que logo, os elementos do currículo básico da materia agrupáronse en tres bloques interrelacionados: "Xeometría e debuxo técnico", "Sistemas de representación" e "Normalización” ou “Documentación gráfica de proxectos".

No primeiro bloque, desenvolvéronse durante os dous cursos que compoñen esta etapa os elementos necesarios para resolver problemas de configuración de formas, ao tempo que se analiza a súa presenza na natureza e na arte ao longo da historia, e as súas aplicacións ao mundo científico e técnico. De maneira análoga, o bloque dedicado aos sistemas de representación desenvolve os fundamentos, as características e as aplicacións das axonometrías, das perspectivas cónicas e dos sistemas diédrico e de planos cotados. Este bloque débese abordar de xeito integrado para permitir descubrir as relacións entre sistemas e as vantaxes e os inconvenientes de cada un. Ademais, é conveniente potenciar a utilización do debuxo a man alzada como ferramenta de comunicación de ideas e análise de problemas de representación. O terceiro bloque (sobre a normalización) pretende dotar o/a estudante dos procedementos para simplificar, unificar e obxectivar as representacións gráficas. Este bloque está nomeadamente relacionado co proceso de elaboración de proxectos, obxecto do derradeiro bloque, polo que, aínda que a secuencia establecida sitúa este bloque de maneira específica no primeiro curso, a súa condición de linguaxe universal fai que a súa utilización sexa unha constante ao longo da etapa. O proxecto ten como obxectivo principal que o/a estudante mobilice e interrelacione os elementos adquiridos ao longo de toda a etapa e que os empregue para elaborar e presentar dexeito individual e colectivo os bosquexos, esbozos e planos necesarios para a definición dun proxecto sinxelo relacionado co deseño gráfico, industrial ou arquitectónico.

Enlaces de interese:

- [Web] laslaminas.es

- [Web] dibujotecnico.com

- [Web] trazoide.com

- [Web] jcuadra2.wixsite.com

- [YouTube] Canal de Dibujo Técnico