Skip to main content

Debuxo Técnico I Bach *

Debuxo Técnico I
Tipo de materia: Curso: Horas semanais:
Troncal de Opción 4
Descrición da materia:

Entre as finalidades de Debuxo Técnico figura de xeito específico dotar o alumnado das competencias necesarias para se poder comunicar graficamente con obxectividade nun mundo cada vez máis complexo, que require do deseño e da fabricación de produtos que resolvan as necesidades presentes e futuras.

Esta función comunicativa, grazas ao acordo dunha serie de convencións a escala nacional, comunitaria e internacional, permítenos transmitir, interpretar e comprender ideas ou proxectos de maneira fiable, obxectiva e inequívoca. O debuxo técnico, xa que logo, emprégase como medio de comunicación en calquera proceso de investigación ou proxecto que se valla dos aspectos visuais das ideas e das formas para visualizar o que se estea a deseñar e, de ser o caso, definir dun xeito claro e exacto o que se desexa producir; é dicir, como linguaxe universal nos seus dous niveis de comunicación: comprender ou interpretar a información codificada, e expresarse ou elaborar información comprensible polas persoas destinatarias.

O alumnado, ao adquirir competencias específicas na interpretación de documentación gráfica elaborada de acordo coa norma nos sistemas de representación convencionais, pode coñecer mellor o mundo. Isto require, ademais do coñecemento das principais normas de debuxo, un desenvolvemento avanzado da súa visión espacial, entendida como a capacidade de abstracción para, por exemplo, visualizar ou imaxinar obxectos tridimensionais representados mediante imaxes planas. Ademais de comprender a complexa información gráfica que nos rodea, cómpre que o estudante aborde a representación de espazos ou obxectos de calquera tipo e elabore documentos técnicos normalizados que plasmen as súas ideas e os seus proxectos, relacionados tanto co deseño gráfico como coa ideación de espazos arquitectónicos ou coa fabricación artesanal ou industrial de pezas e conxuntos.

Durante o primeiro curso trabállase coas competencias relacionadas co debuxo técnico como linguaxe de comunicación e instrumento básico para a comprensión, análise e representación da realidade. Para isto, introdúcense gradualmente e de xeito interrelacionado tres grandes bloques: "Xeometría e debuxo técnico", "Sistemas de representación" e "Normalización". Trátase de que o/a estudante teña unha visión global dos fundamentos do debuxo técnico que lle permita no seguinte curso afondar algúns aspectos desta materia. Con respecto ao primeiro bloque, traballaranse diferentes ferramentas para poder ser autónomo, e eficiente na práctica habitual do debuxo. Entre estas, podemos resaltar a xeometría descritiva, tanxencias, rotulación, construción de polígonos, e cúrvas cónicas, e técnicas. No segundo bloque traballaranse diferentes sistemas de representación gráfica, sempre cun enfoque práctico para a vida diaria, e a pontenciación do desenrolo da capacidade espacial. Entre estes podemos resaltar, o sistema axonométrico, dimétrico, diédrico, e perspectivas cónicas. No que atingue ao terceiro bloque, traballaranse os diferentes tipos de normas, que nos permitiran mostrar os nosos coñecementos nunha linguaxe estándar, e comprensible en calquera parte do mundo.

Enlaces de interese:

- [Web] laslaminas.es

- [Web] dibujotecnico.com

- [Web] trazoide.com

- [Web] jcuadra2.wixsite.com

- [YouTube] Canal de Dibujo Técnico