Skip to main content

Xestión Administrativa * _ Obxectivos

Obxectivos deste Ciclo Formativo:
 

A competencia xeral deste título consiste en realizar actividades de apoio administrativo no ámbito laboral, contable, comercial, financeiro e fiscal, así como de atención á clientela ou ás persoas usuarias, en empresas tanto públicas como privadas, aplicando a normativa e os protocolos de calidade, de xeito que se asegure a satisfacción da clientela e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental.

Este profesional exerce a súa actividade en empresas grandes, medianas e pequenas, en calquera sector de actividade e nomeadamente no de servizos, así como nas administracións públicas, ofrecendo apoio administrativo nas tarefas de administración e xestión das referidas empresas e institucións, e prestándolle atención á clientela e á cidadanía.

 

+ Acceso a outros estudios.

Este título permite o acceso directo a calquera ciclo formativo de grao medio ou superior. Tamén é posible obter o título de bacharelato matriculándose e superando unicamente as materias xerais do bloque de materias troncais da modalidade de bacharelato elixida, e a materia de Lingua Galega e Literatura.

 

+ As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

– Auxiliar administrativo/a.

– Axudante de oficina.

– Auxiliar administrativo/a de cobramentos e pagamentos.

– Administrativo/a comercial.

– Auxiliar administrativo/a de xestión de persoal.

– Auxiliar administrativo/a das administracións públicas.

– Recepcionista.

– Empregado/a de atención á clientela.

– Empregado/a de tesouraría.

– Empregado/a de medios de pagamento.