Skip to main content

Informática de Oficina * _ Obxectivos

Obxectivos deste Ciclo Formativo:
 
A competencia xeral do título profesional básico en Informática de Oficina consiste en realizar operacións auxiliares de montaxe e mantemento de sistemas microinformáticos, periféricos e redes de comunicación de datos, e de tratamento, reprodución e arquivamento de documentos, operando coa calidade indicada e en condicións de seguridade e de protección ambiental, con responsabilidade e iniciativa persoal, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.
 

As persoas que conseguen o título exercen a súa actividade por conta allea en empresas dedicadas á comercialización, á montaxe, ao mantemento e á reparación de sistemas microinformáticos e de equipamentos eléctricos ou electrónicos, e en empresas que utilicen sistemas informáticos, para a súa xestión.

+ Acceso a Ciclos de Grao Medio en xeral.

E con preferencia de admisión en caso de concorrencia competitiva en:

– Electricidade e Electrónica.

– Informática e Comunicacións.

– Fabricación Mecánica.

– Instalación e Mantemento.

– Enerxía e Auga.

– Industrias Extractivas.

– Marítimo-pesqueira.

– Química.

– Transporte e Mantemento de Vehículos.

– Madeira, Moble e Cortiza.

– Edificación e Obra Civil.

 

+ As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

– Axudante/a de montador/ora de sistemas microinformáticos.

– Axudante/a de mantemento de sistemas informáticos.

– Axudante/a de instalador/ora de sistemas informáticos.

– Axudante/a de instalador/ora de sistemas para transmisión de datos.

– Auxiliar de oficina.

– Auxiliar de servizos xerais.

– Gravador/ora verificador/ora de datos.

– Auxiliar de dixitalización.

– Operador/ora documental.