Bioloxía e Xeoloxía
Presentación
Enviado por Anónimo o Lun, 17/10/2016 - 08:06
|
Departamento de Bioloxía e Xeoloxía PROFESORES: Mª del Rosario Freijido Davila MATERIAS
Anatomía Aplicada
Bioloxía
PRESENTACIÓN DAS MATERIAS
O que se pretende é achegar os coñecementos científicos que permitan comprender o corpo e a motricidade humana en relación coas manifestacións artísticas corporais e coa saúde. A materia abrangue as estruturas e as funcións do corpo humano máis relacionadas coa acción motora e o seu rendemento, como son o sistema locomotor e o cardiopulmonar, ou os sistemas de control e regulación. Na mesma liña, abórdanse nocións básicas dos sistemas de achega e utilización da enerxía, e afóndase nas basas da conduta motora. Ciencias da Terra e do Medio Ambiente (CTMA) “Convertemos o noso planeta nun xardín artificial e único, cuxa permanencia está suxeita a incertidume dun custoso pero necesario mantemento. Aínda sen querelo, somos responsabeis do noso planeta, ao que pertencemos e do que non podemos prescindir”. Al ritmo de la naturaleza. Jordi Flos Bassols (1994) Os seres vivos alteran dunha maneira clara a dinámica da Terra, as súas condicións e as condicións de habitabilidade para a humanidade. Se durante gran parte da historia o ser humano limitouse a aproveitar o que a Terra lle ofrecía, na actualidade o homo inflúe de forma drástica no medio, do que dependemos , de aí a necesidade de conservalo. |
|