Skip to Content

Alemán, Ciencias Naturais, Debuxo, Departamentos do IES O COUTO, Economía, Educación Física, Filosofía, Física e Química, Francés, Grego, Inglés, Latín, Lingua Castelá, Lingua Galega, Matemáticas, Música, Orientación, Portugués, Relixión, Tecnoloxía, Xeografía e Historia

XOVES 6 DE ABRIL. DÍA DO DEPORTE

VISITA DE 4 DEPORTISTAS DE ELITE

 

Alex Vidal Álvarez (tricampión do mundo en parataekwondo), Felipe Iglesias Torre (Subcampión do mundo de Jiu Jitsu), Iria Álvarez Liz (internacional coa selección española de natación e 4 veces campioa de España Junior) e Javier Valencia Rajoy (Olímpico coa selección española de hóckey herba masculino) compartiron cos noso alumnado as súas experiencias no mundo do deporte profesional ó longo de toda a mañá.

Foi unha experiencia moi amena e participativa onde os nosos rapaces/zas plantexaron tódalas súas inquedanzas ás que os deportistas respostaron con moito humor e sinceridade. Agradecemos enormemente a súa visita e esperamos que repitan.

 

 
 
   

 

 

 

 

Guardar

SEMANA DA SAÚDE E DO DEPORTE

DEPORTE E SAÚDE

 

A semana do 3 ao 7 de abril estase a celebrar no IES O Couto de Ourense a "Semana da Actividade Física e a Saúde". Dentro das actividades a desenvolver haberá diversos talleres de saúde, dedicados á prevención de enfermidades, divulgación de hábitos saudables e primeiros auxilios, entre outros. Para a realización destes talleres contamos coa inestimable e desinteresada colaboración da empresa EMERGALIA.

 

Por outra banda, toto o alumnado participará no reto de tentar bater o Récord Guinness de distancia percorrida en bicicleta estática, que ostenta o tinerfeño Miguel Ángel Castro cunha marca de 3060 metros.

 

   

 

 

Guardar

PREMIO SAN MARTIÑO 2016

 

No Centro Cultural Velente procedeuse á entrega de premios escolares da San Martiño 2016 na que o noso centro quedou 3º de Ourense.

 

PREMIO SAN MARTIÑO 2016
IES O COUTO

 

 

Guardar

FESTIVAL DE XOVES INTÉRPRETES

 

 

NADAL 2016 IES O COUTO MÉRCORES 21 de DECEMBRO as 12 h.

VII FESTIVAL DE XOVES INTÉRPRETES

Alumnos do Obradoiro Musical 1º ESO cantan “Do, re, mi” de “Sonrisas y lágrimas”, de Richard Rogers

Damián Hervella (1º ESO B), Alejandro Gómez y Sara Balboa (2º ESO B): trío de violíns e violonchelo “Rolling in the deep” de Adele

Raquel Feijóo (3º ESO A), piano: “A day without rain” de Enya  e “O son do ar” de Luar na lubre

Iván Pérez (3º C), voz: “Humanos a Marte” de Chayanne

Aida Jácome y Agueda González (4º ESO A) recitan “Monforte de Lemos, Nadal”, de M. María.

Alumnos de Música de 4º ESO A: “Danza de los cisnes” de P. I.  Tchaikovsky,

Alumnas de 4º ESO A (AEyD) : coreografía MIX.

Iria Rey y Jimena Salgado (1º Bach.  A/B), voz y guitarra: “This town” de Niall Horan

Alexandre Rodríguez de 1º Bach. A, guitarra clásica: “Asturias” de I. Albéniz

Jimena Salgado y Alvaro Escribano (1º Bach. B), dúo vocal: “Berlín” de Coque Malla

Valeria López y Helena Araujo, voz y piano: “Lost boy” de Ruth B.

Clara Kalogérakis con sus alumnas de francés de 2º Bach.: “Santiano” de Hugues Ufray

Carla Estévez y Helena Araujo (2º Bach. A) dúo de violín y piano: BSO “Profesor Layton”

Alumnos de Música de 4º ESO A, Coro: “We are the world” de Michael Jackson

 

Guardar

A INCUBADORA DE POLOS

No IES “ O Couto” levouse a cabo un proxecto cos alumnos/as de 2º ESO, en Tecnoloxía , sección bilingüe, onde colaborou a Departamento de Tecnoloxía e Departamento de Orientación.

Este proxecto consistía en facer unha incubadora de poliños e pór a proba dita incubadora.

No primeiro intento realizado no mes de marzo non naceu ningún poliño polo que solicitamos a axuda inestimable de Coren.

 

Agradecer a Coren toda a axuda en especial a:

-          Roberto Casas , que nos atendeu e aconsellou telefonicamente e por correo electrónico en calquera das nosa dúbidas , proporcionándonos todo o necesario.

-          Miguel Taboada que veu polo instituto en varias ocasións para proporcionarnos  axuda e consello e que  fixo un seguimento do proceso e foi tan amable, paciente e xentil.

 

Desta forma, a semana do 9 ao 13 de maio foi unha semana intensa para toda a comunidade educativa, onde vimos nacer poliños e todos gozamos da súa presenza durante toda a semana, fomentando o amor polos animais e facendo os nosos alumnos/as partícipes do seu coidado.

 

A nosa finalidade foi sempre garantir o benestar deses poliños que coidamos con dedicación e esmero polo que  decidimos facer unha subasta solidaria, pondo como condición que os poliños tiveran un lugar axeitado para vivir, cando creceran.

 

A nosa subasta solidaria consistía en ofrecer alimentos infantís que tiñan unha puntuación, sempre contando coa autorización do titor legal.

 

Alumnos/as participantes na subasta:

 

- Levaron poliños

  • Lucia Cid Álvarez 40 ptos
  • Claudia Cid Álvarez 40 ptos
  • Estela Araújo Lorenzo 17 ptos
  • Diego Miguez González 30 ptos
  • Arantxa Blanco Nieto 13 ptos
  • Marta Morales López 17 ptos
  • Sara Balboa Garrido 12,5 ptos
  • Lia Prieto Cid 25,5 ptos
  • Manuel Ramos Lloves 12,5 ptos
  • Yesica Ribeiro Sampayo 20 ptos
  • Lucia Rivera Seara 12 ptos
  • Carolina Verga Domínguez 19,5 ptos
  • Raquel Feijoo Díaz 17 ptos

 

-          Non levaron poliños pero agradecemos desde o centro que participasen na poxa solidaria

 

  • Lara Vázquez Limia 11 ptos
  • Xosé Saavedra 8 ptos
  • Yhonnayker Ramírez 8 ptos
  • Lucia Gómez Montecelo 7 ptos
  • Adrián Fernández González 4,5 ptos
  • Michele Madornos Gómez 11 ptos

 

 

Para rematar dar as grazas ao equipo directivo polo seu apoio,  aos nosos compañeiros polo seu entusiasmo no proxecto ,ós alumnos/as polo seu traballo, ánimo e optimismo, o CEIP “ O Couto “ pola súa participación no proxecto. A nosa Puri Palazón  pola súa atención durante as eclosións, e envío dos vídeos,e coidados nocturnos. A Andrés pola súa paciencia. A Bea, secretaria, por a súa vixilancia durante todo o proceso. O equipo de limpeza por vixiar os nosos poliños e axudarnos tanto no tema de limpeza. A “Coren” pola súa axuda, en especial a  Roberto Casas e Miguel Taboada, e a todas as familias participantes na poxa solidaria.

 

 GRACIAS, SEN TODOS VOS NON HOUBERA SIDO POSIBLE A ÉXITO DO PROXECTO.

 

TRABAJO DE ALUMNOS DE 4º ESO SOBRE EL QUIJOTE

El alumnado de 4º de ESO (Diversificación), trabajó mucho para dejarnos sus dibujos sobre el autor de El Quijote y su interpretación sobre algunos pasajes de la obra.

También dejó sus mensajes pegados en el suelo del instituto para animarnos a leer.

CULTURA CLÁSICA

O alumnado de 3º C  de Cultura Clásica expuxo marcapáxinas con frases en latín e grego.
Esta actividade conseguiu mergullarnos en dúas linguas que non consideramos mortas, e demostrounos que poden suscitar moito interés.

VII OLIMPÍADA DE XEOLOXÍA. FASE ESPAÑOLA Éxito de Nazaret Vázquez Vázquez

VII OLIMPÍADA DE XEOLOXÍA. FASE ESPAÑOLA

Éxito de Nazaret Vázquez Vázquez

 

    O pasado 9 de abril, desenvolveuse en Jaca (Huesca) a competición “VII Olimpíada de Xeoloxía”, fase nacional, despois de ter lugar as probas autonómicas.

     A alumna do I.E.S. “O Couto”, Nazaret Vázquez Vázquez, acadou o primeiro posto da representación ourensá e , como tal, participou na proba española, xunto con outros seis alumnos de Galicia.

     As probas tiveron varias fases (individuais e de grupos; teóricas e de campo), pasando á última os oito mellores. Esta proba tiña un formato de “concurso televisivo”, con retransmisión da mesma, e nela decidíanse os catro representantes españois na fase internacional , que se celebrará en Xapón.

   Nazaret acadou esta última fase, quedando moi preto de lograr un posto entre os catro primeiros.

  O éxito de Nazaret é extraordinariamente salientable, porque competía cos mellores alumnos de España, pero tendo en conta, ademais, que se trata dunha alumna de primeiro de bacharelato, o que supón unha grande desvantaxe coa meirande parte dos participantes, alumnos de segundo e que cursan as materias de “Xeoloxía” ou “Ciencias da Terra e do Medio Ambiente”, dun nivel académico moi superior ao da materia de “Bioloxía e Xeoloxía” que ela cursa na actualidade.

  Cómpre subliñar tamén o éxito galego. O gañador absoluto nacional foi o alumno Ángel García Pérez, do I.E.S. “Rosalía de Castro” de Santiago, e a segunda representante de Ourense (Andrea Álvarez Penín, do I.E.S. “Aquis Querquernis” de Bande) tamén pasou á fase definitiva final de oito participantes.

   Parabéns, Nazaret, e agardamos que nos volva a representar o próximo curso, e logre un novo éxito.

nazareth Nazareth2
Nazaretch4 Nazareth3

 

 

 

VII OLIMPÍADA DE XEOLOXÍA

“VII Olimpíada de Xeoloxía”  Fase galega / Ourense

cartel olimpíadas

 

O día 17 de Febreiro de 2016, celebrouse na Facultade de Ciencias do Campus de Ourense, da Univesidade de Vigo, a sétima edición da Olimpíada de Xeoloxía.

     A competición é de carácter nacional, con unha primeira fase por autonomías, unha segunda xeral  que terá lugar en Jaca, Huesca, no mes de abril, e unha internacional (este ano en Japón) 

     Está organizada pola AEPECT (Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra), con la colaboración del IGME y diversos colexios de xeólogos.

     En Ourense, os responsables da organización son os membros da AEPECT Manuel Antonio Latorre Díaz ( profesor do Instituto “O Couto” de Ourense) e Salud Gago Menéndez ( profesora do Instituto de Bande).

     Na edición deste ano, participaron 54 alumnos de distintos centros da provincia, dos cales 11 pertencían ao noso Instituto:

Os alumnos de 1º Bach. A:

Blanco Nieto, Arantxa

Álvarez Alonso, Anxo

Araujo Rodríguez, Helena

González Nóvoa, Paula

Bouzo Blanco, Antonio

Crucis Vidal, Lucía

Estévez Amoeiro, Carla

Vázquez Vázquez, Nazaret

       e de 4º E.S.O. C:

Feijóo Díaz, David

Velasco Pérez, Daniel

Rodríguez Blanco, Alexandre

    

 

 

  As probas desenvolvéronse ao longo de toda a xornada ( xunto coas actividades complementarias: acto de presentación, entrega de obsequios aos participantes, conferencia sobre “Termalismo en Ourense”, acto de clausura e entrega de premios).

    Pola mañá tiveron lugar as probas prácticas en grupos ( sobre mapas topográficos e recoñecementos “de visu” de rochas, minerais, …). Pola tarde fíxose a proba teórica individual.

   Os resultados dos alumnos do Instituto “O Couto” foron moi satisfactorios, gañando en todas as categorías:

    Gañadora individual absoluta:

                                        NAZARET VÁZQUEZ VÁZQUEZ

                         que participará na fase nacional , en Jaca (Huesca)

    Gañador individual , 4º E.S.O.:

                                        DANIEL VELASCO PÉREZ

    Gañadores na proba práctica de grupos:

                                        CARLA ESTÉVEZ AMOEIRO

                                        LUCÍA CRUCIS VIDAL

                                        ANTONIO BOUZO BLANCO

                                        NAZARET VÁZQUEZ VÁZQUEZ

    Os parabéns aos gañadores é extensible a todos os alumnos do Centro que participaron nas probas, polo alto nivel xeral de coñecementos demostrado, e polo seu enorme interese e adicación en tempo e esforzo na preparación desta Olimpíada.

 

 

 

ESTE VENRES HAI ACTIVIDADES PARA TODOS NO IES O COUTO

ESTE VENRES, O ENTROIDO CHEGA AO IES O COUTO.

O ALUMNADO PODERÁ DISFRAZARSE E PARTICIPAR NO CONCURSO NAS MODALIDADES DE INDIVIDUAIS OU COMPARSAS.

 

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ

VENRES 28 XANEIRO, CHARLA COLOQUIO SOBRE A PROBLEMÁTICA DA EMIGRACIÓN

"SAN VALENTÍN" 12 DE FEBREIRO

 

O vindeiro 12 de febreiro celebrarase no noso centro o día de "SAN VALENTÍN"

Os alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato están a organizar un servizo de entrega para ese día tan especial.

O único que tedes que facer é buscalos nos recreos para encargarlles o teu detalle (unha flor, un poema, un bico ou un abrazo) e indicarlles a quén vai dirixido.

¡Eles farán o resto!

Por solo 1 euro, farás un detalle moi especial.

Anímate e participa.

Celebración día da Paz

Con ocasión del día de la Paz el pasado viernes 29 de Enero, el Seminario de Müsica participó en los actos realizados en el salón de actos del Instituto. Alumnado del Obradoiro musical de 1º ESO interpretaron el "Himno de la alegría" de L. v. Beethoven y alumnado de 4º ESO interpretó la canción "Color esperanza"  de Diego Torres.

 

VI FESTIVAL DE XOVES INTÉRPRETES

NADAL 2015 IES O COUTO, VENRES 18 de DECEMBRO as 11’30 h.

 

VI FESTIVAL DE XOVES INTÉRPRETES

 

 

 

Alumnos de 4º ESO A/B: “ La música nocturna de las calles de Madrid” de L. Boccherini

 

Gladys Lucía Hermida de 1º ESO A : “Color esperanza“ de Juanes, clarinete

 

 Lucía Gómez de 1º ESO A canta “Amanecer” de Edurne

 

 Pilar García de 1º ESO A: “ Himno de la alegría“ de L. v. Beethoven, guitarra

 

 Raquel Feijoo de 2º ESO A: “Scarborough Fair”, canción popular, piano

 

 Iván Pérez de 3º ESO C canta “Te he echado de menos” de Pablo Alborán

 

 Lucía Velo 3º ESO B y Sara Lía de 4º ESO A, dúo de  violonchelo y piano: “Roolling in the deep”, Adele

 

 Elena Orbán, 4º ESO A, flauta travesera: “Kiss the rain” de Yiruma

 

 Alumnos de 4º ESO A/B: “Banaha”, canción popular Africana

 

 Jimena Salgado y Clara Nieto cantan a dúo “Marvin Gaye” de Charlie Puth

 

 Valeria López de 3º B y Sara Lía de 4º  A: “Dont speak” de No doubt,  dúo voz y piano

 

 Alvaro Escribano y Jimena Salgado de 4º ESO A cantan “Back to black” de Amy Winehouse

 

Clara Nieto de 4º ESO A baila “Hello” de Adele

 

 Valeria,  Alvaro  y Helena Araujo de 1º Bach. A, voz y piano: “Hey there Delilah” de P. W. T´s

 

 Carla Estévez y Helena Araujo, 1º Bach. A, Dúo de violin y piano: “Sad romance” de Secrag

 

 Alexandre e Sabela Rodríguez, de 4º ESO C e 2º Bach A: dúo  de  guitarra, voz  e viola:  “More than words” de Extreme

 

 Carmen González de 2º ESO A, Alexandre e Sabela Rodríguez, Sara Lía e Lucía Velo: “Show must go on” de Queen, piano, viola, violonchelos y guitarra eléctrica

 

 

HOMENAXE A BLANCO AMOR

Os alumnos de 1º de bacharelato do IES. O Couto asistiron a unha homenaxe ao escritor Eduardo Blanco Amor que tivo lugar no cemiterio de San Francisco o martes un de decembro. Os alumnos estiveron acompañados pola profesora Inés Cortés.  Este acto estaba organizado polo IES. Blanco Amor e realizouse a lectura de varios textos do autor. Os alumnos de Couto leron un fragmento da novela  A esmorga  e un de Xente ao lonxe .

 

Distribuir contido


by Dr. Radut