Skip to Content

Novas

Lugares onde se realizará a proba correspondente aos premios extraordinarios de bacharelato.

Resolución do 4 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Educación,Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se procede aestablecer os lugares en que se realizará a proba para a concesión dospremios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2019/20:

NOTAS DE SETEMBRO - MATRÍCULA CURSO 2020-2021

NOTAS SETEMBRO 2020

As cualificacións de setembro xa están dispoñibles na aplicación Abalar Móbil. Para darse de alta no Abalar móbil pode ver as instrucións no lateral dereito desta páxina.

MATRÍCULA 2020-2021

O alumnado que se presentou á convocatoria de setembro xa ten aberto o prazo de matrícula:

  • Días 4 e 7 de setembro en horario de mañá.
  • Se foi beneficiario/a da axuda de libros no curso 2019-20 debe traer os libros de texto correspondentes que non devolveu en xuño.

 

CONVOCADOS OS PREMIOS EXTRAORDINARIOS DA EDUCACIÓN SECUNDARIA OBLIGATORIA

Estes premios están dirixidos ao alumnado que cursase durante o ano académico 2019/20 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia, estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria e ter obtido no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos.

  • O prazo é de 20 días hábiles contados dende o 24 de xullo 
  • Información

PROCESO DE ADMISIÓN: LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS

Xa están publicadas as listaxes provisionais de admitidos e non admitidos no proceso de Admisión de Alumnado para o curso 2020-21.

O protocolo de protección de datos non permite a súa publicación nesta páxina nin facilitar información por vía telefónica, polo que os interesados deberán consultar as listas expostas no interior de centro. O prazo de reclamacións a estas listas vai do 10 ao 12 de xuño, ambos incluídos.

As listaxes definitivas serán publicadas o día 26 de xuño.

 

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE PARA PARTICIPAR NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR CURSO 2020-21

O prazo para solicitar a participación no Fondo Solidario de libros de texto e Axudas para material escolar estará aberto ATA O 19 DE XUÑO DE 2020.

Recoméndase cubrir a solicitude mediante a aplicación FONDOLIBROS (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/) podendo despois imprimila para entregala, xunto coa documentación correspondente, na Secretaría no centro, ou ben presentala por vía telemática na Sede Electrónica da Xunta.

Nas seguintes ligazóns dispón de información e instrucións detalladas para facer a solicitude, e dos impresos que se deben cubrir:

·    Instrucións para presentar a solicitude.

 ·    Membros computables da unidade familiar e cálculo da renda familiar per cápita

 ·    Orde de 12 de maio de 2020. DOG do 19-05-2020

 ·    Anexos I e II

 

PROCESO DE ADMISIÓN: ANUNCIO DO PROCESO DE BAREMACIÓN - PRAZO DE PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN ATA O 26 DE MAIO.

AVISO: O contido que figura a continuación só afecta ao alumnado procedente doutros centros que participa no Proceso de Admisión que se iniciou o día 1 de marzo. O alumnado que xa está matriculado neste curso no IES O COUTO, ou o procedente de centros adscritos que obtivo praza para o vindeiro curso no proceso de Reserva de Praza (rematado o 28 de febreiro) non teñen que facer ningún trámite ata a formalización da matrícula, do 1 ao 10 de xullo.

 

Sendo nos niveis de 1º de ESO e 3º de ESO o número de solicitudes presentadas no Proceso de Admisión superior ao número de vacantes, ábrese o prazo para a presentación de documentación para o proceso de baremo nos niveis citados. Nos demais niveis non é necesario presentar documentación.

O prazo de presentación de documentación remata o día 26 de maio.

A presentación da documentación ten carácter voluntario, e farase preferentemente enviando a documentación por correo electrónico á dirección ies.couto@edu.xunta.gal.

A falta de presentación en prazo da documentación requirida impedirá ter por acreditado o criterio ou criterios afectados, e en consecuencia, impedirá valoralos para efectos de determinar a puntuación.

Na seguinte ligazón ofrecese información detallada da documentación que se pode presentar:          Documentación para o barémo.

ADDENDA DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS PARA O TERCEIRO TRIMESTRE E FIN DE CURSO 2019/20

REAPERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO DO DÍA 11 AO 18 DE MAIO

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

(SÓ PARA ALUMNADO PROCEDENTE DOUTROS CENTROS. O ALUMNADO QUE ESTÁ ACTUALMENTE MATRICULADO NO IES O COUTO, E O PROCEDENTE DE CENTROS ADSCRITOS QUE XA FOI ADMITINDO PARA O VINDEIRO CURSO NO PROCESO DE RESERVA DE PRAZA, NON TEÑEN QUE REALIZAR NINGÚN TRÁMITE NESTE PRAZO)

Reábrese o prazo de admisión de alumnado para o curso 2020-21. O prazo de presentación de solicitudes será do día 11 ao 18 de maio, ambos incluídos. O centro permanecerá aberto durante dito prazo en horario de 10:00 a 13:00 h para a recepción de solicitudes.

Nas seguintes ligazóns ofrécese máis información:

Dada a situación sanitaria actual, para o acceso á secretaría do centro será preciso seguir as seguintes normas:

  • Ir provisto dunha máscara de cara.
  • No interior do edificio só poderá permanecer un solicitante de cada vez.
  • No caso de que xa haxa no interior unha persoa realizando unha xestión, os demais agardarán a que remate no pórche do edificio, gardando unha distancia de seguridade mínima de dous metros entre eles.

Novo calendario do proceso

  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (de ser o caso): ata o día 26 de maio de 2020.
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
  • Formulación de reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
  • Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria e bacharelato: do 1 ao 10 ce xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020

XEOGRAFÍA E HISTORIA - 1º ESO C

XEOGRAFÍA E HISTORIA - 1º ESO C

MATERIAIS E ACTIVIDADES

UNIRSE A UNHA REUNIÓN CISCO WEBEX MEETINGS - VIDEOCONFERENCIA

--->Para ver a información premer na forma de conexión desexada:

VALORES ÉTICOS - 1º ESO

VALORES ÉTICOS - 1º ESO

CONVOCATORIA DE SETEMBRO 2020, EXAME E/OU ACTIVIDADES:

 

 

As actividades deben entregarse antes do día 1 /09/2020, ás 14h00 no seguinte correo electrónico:

 

 


ACTIVIDADES DURANTE O CONFINAMENTO (MARZO A XUÑO):

MATERIAIS E ACTIVIDADES

Para calquera dúbida consulta no correo olallanunezmusica@gmail.com

MÚSICA - 2º ESO

CONVOCATORIA DE SETEMBRO 2020, EXAME E/OU ACTIVIDADES:

 

  •  O alumnado suspenso deberá realizar as mesmas actividades que durante o confinamento

As actividades deben entregarse antes do día 1 /09/2020, ás 14h00 no seguinte correo electrónico:

  • olallanunezmusica@gmail.com

 


ACTIVIDADES DURANTE O CONFINAMENTO (MARZO A XUÑO):

MÚSICA - 2º ESO

MATERIAIS E ACTIVIDADES

 

FRANCÉS - 2º BACHARELATO

INFORMACIÓN SOBRE A 2º AVALIACIÓN

INFORMACIÓN SOBRE A SEGUNDA AVALIACIÓN:

premer na imaxe >>

Distribuir contido


by Dr. Radut