Actividades de piscina no primeiro trimestre no IES O Couto (1º Bacharelato)
Debido ao aumento da carga horaria da materia de EF en 1ºde Bacharelato, pasando de 2 sesións a 3 sesións semanais, o departamento de EF e o centro estimaron oportuno xuntar dúas sesións semanais da mesma e o recreo correspondente para realizar actividades nas instalacións do Servizo Municipal de Deportes (Pavillón dos Remedios) en horario lectivo, -previo acordo coa xerencia-, xa que a proximidade ao noso centro e as posibilidades deportivas son infinitas.
Este 1er trimestre centrámonos nas actividades acuáticas, onde realizamos prácticas de distintas técnicas de aprendizaxe e perfeccionamento de Natación nos dous vasos (piscina de 25 e de 50), así mesmo contamos en varias sesións de Salvamento Acuático co Club Salvour (que nos facilitaron material e impartíronnos algunha clase de forma gratuíta) e as última semanas déronse clases de Aqua-gym (no spa , adxacente ao vaso de 50mts).
As fotos e vídeos son un fiel reflexo do grao de satisfacción do noso alumnado cunhas prácticas tan aceptadas, útiles e motivantes.
Esperamos seguir desenvolvendo contidos variados e dotar ao noso alumnado de experiencias enriquecedoras no ámbito deportivo, tanto nas seguinte avaliacións como nos cursos vindeiros. Un agradecemento especial desde o dpto. de EF ao Pavillón de Deportes (Marta Míguez, por darnos todas as facilidades para desenvolver esta programación tan nova, socorristas e demais persoal), ao Club Salvour (Marta Estévez por deixarnos materiais e impartirnos sesións) e ao alumnado por ser un exemplo de comportamento e responsabilidade.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
VID_95730107_173650_267.mp4 | 3.99 MB |
VID_95711022_001406_833.mp4 | 17.15 MB |
VID_95740226_213517_164.mp4 | 6.82 MB |
VID_95761210_100926_755.mp4 | 2.32 MB |
VID-20221209-WA0012.mp4 | 2.79 MB |
VID-20221209-WA0014.mp4 | 1.22 MB |
VID-20221209-WA0015.mp4 | 2.92 MB |
VID-20221209-WA0016.mp4 | 3.71 MB |
VID-20221209-WA0022.mp4 | 1.74 MB |
VID-20221209-WA0025.mp4 | 6.37 MB |