Skip to Content

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

 Criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado.

 Alumnado: Todos os cursos de ESO.

 Alumnado beneficiario:

1. Alumnado beneficiario da axuda para adquirir material escolar

 Alumnado beneficiario que pode solicitar a axuda:

2. Alumnado que non  fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:

a) Pertenza a familias cunha renda per cápita, no ano 2018, igual ou inferior a 6.000 €.

b) Estea suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

Presentación de solicitudes: Os beneficiarios do cheque de material non terán que facer nada. Os que estean na situación do punto 2 do apartado anterior deberán cubrir  os Anexos I e II  xunto coa documentación e entregalos na secretaría  do centro entre o 15 e o 26 de novembro 2021.

Documentación:

Comprobación de datos .

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes .

Os trámites posteriores ao inicio do procedemento deberán realizarse presencialmente no centro docente. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos para facilitar a realización dos ditos trámites que poderán ser empregados por elas.

 

Anexos I e II : Nas seguintes ligazóns pode descargar os impresos para cubrir a solicitude. Tamén se pode recoller no centro.

Prazo: dende o 15 de novembro ata o 26 de novembro 2021.

Normativa: Orde do 28 de outubro de 2021(DOG do 13 de novembro)

 

AdxuntoTamaño
Anexo II.pdf671.53 KB
Anexo I.pdf1.16 MB
documentacion a presentar.pdf104.02 KB
COMPROBACION DE DATOS.pdf78.82 KB


story | by Dr. Radut