Skip to Content

PUBLICADAS AS LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL DO CURSO 2021-2022

Xa están publicadas as LISTAXES DEFINITIVAS de solicitudes admitidas e excluídas do Fondo Solidario de libros de texto e axudas para material escolar para o curso escolar 2021-2022.

O protocolo de protección de datos non permite a súa publicación nesta páxina nin facilitar información por vía telefónica, polo que os interesados deberán consultar as listas expostas no interior de centro. Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

OBSERVACIÓNS ÁS LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDO DE LIBROS

- As solicitudes onde aparece a mensaxe “Segundo as existencias do centro non lle corresponden libros” son aquelas para as que non chegaron as existencias de libros e que ademais non teñen dereito a libros de adquisición complementaria polo nivel de renda familiar.
- As solicitudes que resultan excluídas levan indicado o motivo da exclusión.

OBSERVACIÓNS ÁS LISTAXES DEFINITIVAS DE  VALES PARA MATERIAL ESCOLAR

- As solicitudes que resultan excluídas débense á que se supera o máximo admitido da renda familiar per cápita.
- Os vales das solicitudes que aparecen como “Admitidas”  (ou “Concedidas” se non se recolleron con anterioridade) poderanse recoller na Secretaría do centro a partir do luns, día 14 de setembro de 2020, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Os vales só poderán  ser recollidos pola persoa solicitante provista do seu DNI. En caso de que o solicitante non o poida recoller, deberá achegar:
•    Autorización co nome completo e DNI do solicitante, así como o nome completo e o DNI da persoa autorizada. A autorización debe estar asinada polo solicitante.
•    Fotocopia do DNI do solicitante.



story | by Dr. Radut