Skip to Content

PARABÉNS AO NOSO ALUMNADO POLOS RESULTADOS NA PROBA ABAU - PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO

É unha enorme satisfacción compartir coa nosa comunidade educativa os excelentes resultados acadados polo alumnado do IES O COUTO nas probas ABAU, e, en especial, os 14 alumnos/as que obtiveron unha cualificación superior aos 12 puntos.

  • 5 alumnos cunha cualificación entre 12 e 12,5 puntos
  • 5 alumnos cunha cualificación entre 12, 5 e 13 puntos
  • e 4 alumnos cunha cualificación superior a 13 puntos, dos cales dous superan os 13, 5 puntos.

Un total de 50 alumnos se presentou as probas ABAU, non quedando ningún alumno por titular en setembro.

Por outra banda, o IES O COUTO obtivo a mellor nota media nas probas ABAU en Ourense, sendo esta de 6,81 puntos.

Animamos ao alumnado que obtivo unha cualificación  igual ou  superior a 8,75 puntos na nota media do Bacharelato a presentarse aos premios extraordinarios de bacharelato.

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 23 de xullo de 2020 e rematará o día 24 de agosto de 2020.

 



story | by Dr. Radut