Skip to Content

TICs - 2º BACHARELATO A e B

TICs II - 2º BACHARELATO A e B

Ola a todas e todos,
Nestes momentos de convulsión social, nos que vemos alterada toda a nosa cotidianidade (e polo tanto, non sendo os mellores tempos para a concentración nos vosos estudos) é cando un maior esforzo debedes facer para non ver comprometido o voso futuro e o de todos; porque o futuro sodes vós. Por isto, apelo a vosa responsabilidade e intelixencia.
Permitídeme aconsellarvos que vos coidedes o máximo posible e que extremedes os coidados dos mais débiles segundo as recomendacións das autoridades competentes. Eu, como profesor voso, recoméndovos que estudedes mais que nunca e  que vos centredes naquelas materias nas que teñades máis dificultades e especialmente das que teñades que examinarvos nas probas ABAU, para poder superar o curso e  continuar coa vosa formación. O profesorado está sempre disposto a auxdarvos, non o dubidedes nunca.
Dito isto, e non sendo as TICs unha de elas, non por iso a deixedes de lado, porque sen dubida ningunha, os coñecementos que implican  seranvos dos mais úteis e necesarios para o voso futuro persoal e profesional.
Estou seguro que saberedes aproveitar ben o tempo. Non son momentos para perdelo, nunca o foron, e naturalmente deberedes organizalo e ter momentos de lecer. Que mellor que escoitar boa música, ver unha boa película e realizar actividade física  aínda que esteamos recluidos nas nosas casas. E sempre, sempre, un bo libro. Nada mellor que isto para relaxarse e formarse o mesmo tempo.
Sen máis, déixovos a unidade 5 de Programación estruturada C++, da que tendes que resolver os exercicios.
Deséxovos o mellor para todas/os e para os vosos seres queridos.
Moitos Bicos,
Do voso mestre, que vos quere ben e está a vosa enteira disposición en todo o que vos poda axudar.
LIBERDADE , AMOR E  POESIA
 xcdedios@edu.xunta.es
PD: Debemos, hoxe máis que nunca, traballar e axudarnos entre todas/os en rede se os medios tecnolóxicos dos que dispoñemos nolo permiten.

AdxuntoTamaño
2. Unidade_5_Programación estructurada.pdf12.22 MB


page | by Dr. Radut