Skip to Content

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

As listaxes provisionais de fondo libros e vales de material poden consultarse no taboleiro do centro dende hoxe 7 de xullo 2021. Non se facilitará información por teléfono sobre ditas listaxes en garantía da lei de protección de datos.

  • Reclamación: O prazo de reclamación contra as listas provisionais pode realizarse os días 8 e 9 de xullo de 2021 en horario de 09:00h a 14:00h.
  • Vales: Os vales das solicitudes que aparecen como “Admitidas” poderanse recoller na Secretaría do centro dende o 8 de xullo ata o 15 de xullo de 2021 de 10:00h a 13:00h. Haberá outro prazo de recollida no mes de setembro 2021 do que avisaremos pola web do centro e por mensaxería Abalar. Os vales só poderán  ser recollidos pola persoa solicitante provista do seu DNI.

 Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

AdxuntoTamaño
01- Observacións Listaxes Provisionais FONDO LIBROS.pdf152.79 KB
02- Observacións Listaxes Provisionais VALES MATERIAL_0.pdf152.81 KB


story | by Dr. Radut