Complementarias e extraescolares
A caravana de "Vilamor" chega ó Baronceli
Enviado por Anónimo o 11. Maio 2012 - 15:11A caravana de Vilamor -a última película de Ignacio Vilar, con Rubén Riós de protagonista- chega o luns 14 ó Baronceli. A caravana chega nunha nova etapa da súa viaxe promocional por Galicia, e desenvolverá unha actividade especial no Instituto. Un bo aperitivo para a inminente Romaría das Letras Galegas. O cine-clube proxectará ese día dúas curtas de Rubén Riós: 'Adeus Edrada' e 'Coser e cantar'.
Ciclo de curtametraxes
Enviado por Anónimo o 27. Febreiro 2012 - 15:46A Biblioteca organiza un ciclo de curtametraxes. A partir de marzo, os luns ás 15:00 na aula "Taboada Chivite", o mellor cine!
PROGRAMACIÓN
26 de marzo: Selección de PIXAR.
9 de abril: Birdboy.
16 de abril: El viaje de Saïd.
23 de abril: NON HAI PROXECCIÓN POR COINCIDIR COA CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO.
30 de abril: La leyenda del espantapájaros.
7 de maio: La nostalgia del señor Alambre.
14 de maio: La dama y la muerte.
21 de maio: SEN ESPECTÁCULO Ó SER Á ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Concurso de microrrelatos de Entroido
Enviado por Anónimo o 27. Xaneiro 2012 - 14:22A Biblioteca vén de convocar o II Certame de microrrelatos, esta vez centrados na temática do Entroido. Máis info no ficheiro adxunto.
Cándido Pazó, no Baronceli
Enviado por Anónimo o 19. Decembro 2011 - 22:44O mércores 21 de decembro, estará connosco o humorista, actor e guionista galego Cándido Pazó. A mellor maneira de despedir o 2011 e de comezar as vacacións de nadal!
Máis info sobre este artista eiquí.
Imaxe de www.culturagalega.org
Contra a violencia de xénero
Enviado por Anónimo o 16. Decembro 2011 - 19:50Cartel confeccionado por alumnos de 1º ciclo, co galo do Día Contra a Violencia de Xénero.
Xogo de Pistas: desvelando identidades segredas.
Enviado por Anónimo o 14. Novembro 2011 - 22:30A Biblioteca organiza unha nova edición do Xogo de Pistas: cada semana, e ata... a fin do c urso, os alumnos terán a oportunidade de desvelar a identidade dos personaxes agachado , amosando a úa cultura xeral e as súas habilidades para a busca de información. Máis info . eiquí