BENVIDO AO CASTRO DE BARONCELI, O CENTRO DE SECUNDARIA OBRIGATORIA DE REFERENCIA PARA OS CONCELLOS DE CASTRELO DO VAL, CUALEDRO, LAZA, MONTERREI, OÍMBRA, RIÓS, VERÍN E VILARDEVÓS..........COÑÉCENOS! 

 

"Vilamor", no cine Gesma de Xinzo

22/05/2012 23:00
Etc/GMT+1

Hoxe xoves o alumnado de 2º ciclo foi a Xinzo de Limia para ver no cine Gesma Vilamor, a película da que a semana pasada nos falaron no Baronceli o seu director Ignacio Vilar e os actores Rubén Riós e Xoel Yáñez.

Imaxes da V Romaría das Letras Galegas

22/05/2012 23:00
Etc/GMT+1

As imaxes da Romaría, no Facebook de LaGaZetaDeTerZero (hai que ter unha conta en Facebook).

V Romaría das Letras Galegas

19/05/2012 19:52
Etc/GMT+1

O vindeiro luns 28 de maio terá lugar a Romaría das letras Galegas, que acada a súa quinta edición. Neste caso a personalidade homenaxeada será o escritor de Rabal (Oímbra) Antonio Fernández Pérez, a quen se lle adicará un aula. Coma sempre, desfrutaremos do festival literario, un xantar popular e xogos tradicionais.

Este é o programa de actividades:

12:45 Inauguración da aula Antonio Fernández Pérez (info sobre a súa biografía aquí ou aquí).

13:00 Festival literario.

14:00 Xantar popular.

15:00 Xogos tradicionais.

 

Marcos Calveiro visita o Baronceli

17/05/2012 00:56
Etc/GMT+1

Este venres visita o Baronceli o escritor especializado en literatura xuvenil Marcos Calveiro. Unha oportunidade única para falar co autor de O escritor do sombreiro de malvas, novela que moitos alumnos xa tiveron a ocasión de ler.

Cartel da V Romaría das Letras Galegas

14/05/2012 14:00
Etc/GMT+1

Xa hai gañador do concurso de carteis para a V Romaría das Letras Galegas. Felicidades ós creadores, María, Elisa e Judith, de 3º A!


Distribuir contido