FONDO SOLIDARIO de LIBROS DE TEXTO

O pasado día 20 de maio, apareceu no portal edu.xunta a convocatoria de Fondo solidario de libros de texto. O enlace á orde é: www.edu.xunta.gal/portal/node/34002

O prazo de presentación de solicitude vai dende o 21 de maio ata o 22 de xuño. Non o deixedes para o último día!

Pódese presentar a solicitude no noso centro, ou ben  por vía electrónica no seguinte enderezo:

https://sede.xunta.gal

A documentación a achegar é a seguinte:

- Fotocopia do libro de familia de tódolos membros da unidade familiar.

E se é o caso:

- En caso de separación ou divorcio deberán achegar a sentenza xudicial ou convenio regulador onde conste a custodia do/a menor.

- Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

- Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

- Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

 -  Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

- Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.