Imaxes da saída ó Centro de Cooperativismo para asistir ó obradoiro de redacción e edición dun xornal.

13/10/2011 11:39
Europe/Madrid

Os alumnos de 2º ciclo, como xa avanzabamos, recibiron no Centro de Cooperativismo de Verín un obradoiro práctico sobre a redacción e edición dun xornal (que cousa máis cooperativa que a elaboración dun xornal ou unha revista). Confiamos en que os rapaces aprenderan cousas que pór en práctica no próximo número de LaGaZetaDeTerZero. As imaxes pódense ver no Facebook de LaGaZetaDeTerZero, no seguinte enlace.