PROBAS DE ACCESO PARA OS CICLOS MEDIOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL

11/02/2009 11:59
Etc/GMT+1


Xa está próximo o prazo de inscrición para as PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS MEDIOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL, probas que poden facer aqueles que crean que non van acadar o título de Graduado. Estes alumnos poden inscribirse nas probas de acceso ao ciclo medio sempre que teñan 17 anos cumpridos. Evidentemente, non fai falla proba de acceso ningunha para aqueles que obteñan o título de Graduado en ESO. Aqueles que non estean seguros de se van obter ou non o título de Graduado, poden facer as probas igualmente, mesmo se despois obteñen o título normalmente.


A proba de acceso é común para todo os ciclos formativos de grao medio e así se fai constar na certificación.

Estructúranse en tres partes, cada unha delas asociada a unha serie de competencias básicas consideradas imprescindibles para cursar con aproveitamento un ciclo formativo de grao medio:

a) Parte sociolingüística. Organízase en tres probas:
- Lingua castelá
- Lingua galega
- Ciencias sociais

b) Parte matemática. Organízase nunha única proba:
- Matemáticas

c) Parte científico-técnica. Organízase en dúas probas:
- Ciencias da natureza
- Tecnoloxía


A valoración de cada unha destas partes expresarase numericamente entre cero e dez. A nota final da proba calcularase sempre que se obteña polo menos unha puntuación de catro en cada unha das partes e será a media aritmética destas, expresada con dous decimais. Será positiva a cualificación de cinco puntos ou superior. En caso contrario, a nota final cualificarase como "non apto".


É un xeito interesante de seguir formándose, unha boa oportunidade para aqueles aos que a ESO se lles atraganta.


 


Aquí tedes exemplos das probas.


Aquí está a orde que regula as probas de acceso (DOGA 16/12/2008).


Aquí tedes respostas a preguntas frecuentes.


Aquí tedes toda a oferta educativa dos ciclos de FP.


Aquí tedes mais información detallada.