Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Mércores Abril 25, 2012
Start: 25/04/2012 18:52

 

Tres alumnos do IES Taboada Chivite visitáronnos para representar unhas breves esceas do Lazarillo de Tormes, co gallo da SEMANA DO LIBRO. Moitísimas gracias a Pedro (o cego), Alejandro (Lazarillo) e Belén (apuntadora), que trasladaron por uns intres ás aulas o máis auténtico século XVI.


 
Xoves Abril 26, 2012
Start: 26/04/2012 10:54

Adxunto, remitimos o menú do comedor escolar correspondente ó mes de maio de 2.012.

Luns Maio 07, 2012
Start: 07/05/2012 15:57

No pdf adxunto está o calendario de exames de materias pendentes. Aconséllase ós alumnos que teñan que presentarse que verifiquen as datas e horas cos seus profesores, en previsión de posibles modificacións.

Venres Maio 11, 2012
Start: 11/05/2012 13:11

A caravana de Vilamor -a última película de Ignacio Vilar, con Rubén Riós de protagonista- chega o luns 14 ó Baronceli. A caravana chega nunha nova etapa da súa viaxe promocional por Galicia, e desenvolverá unha actividade especial no Instituto. Un bo aperitivo para a inminente Romaría das Letras Galegas. O cine-clube proxectará ese día dúas curtas de Rubén Riós: 'Adeus Edrada' e 'Coser e cantar'.


Luns Maio 14, 2012
Start: 14/05/2012 14:00

Xa hai gañador do concurso de carteis para a V Romaría das Letras Galegas. Felicidades ós creadores, María, Elisa e Judith, de 3º A!

Xoves Maio 17, 2012
Start: 17/05/2012 00:56

Este venres visita o Baronceli o escritor especializado en literatura xuvenil Marcos Calveiro. Unha oportunidade única para falar co autor de O escritor do sombreiro de malvas, novela que moitos alumnos xa tiveron a ocasión de ler.

Sábado Maio 19, 2012
Start: 19/05/2012 19:52

O vindeiro luns 28 de maio terá lugar a Romaría das letras Galegas, que acada a súa quinta edición. Neste caso a personalidade homenaxeada será o escritor de Rabal (Oímbra) Antonio Fernández Pérez, a quen se lle adicará un aula. Coma sempre, desfrutaremos do festival literario, un xantar popular e xogos tradicionais.

Este é o programa de actividades:

12:45 Inauguración da aula Antonio Fernández Pérez (info sobre a súa biografía aquí ou aquí).

13:00 Festival literario.

14:00 Xantar popular.

15:00 Xogos tradicionais.

 

Martes Maio 22, 2012
Start: 22/05/2012 23:00

Hoxe xoves o alumnado de 2º ciclo foi a Xinzo de Limia para ver no cine Gesma Vilamor, a película da que a semana pasada nos falaron no Baronceli o seu director Ignacio Vilar e os actores Rubén Riós e Xoel Yáñez.

Start: 22/05/2012 23:00

 

As imaxes da Romaría, no Facebook de LaGaZetaDeTerZero (hai que ter unha conta en Facebook).

 

Distribuir contido