Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Martes Outubro 22, 2013 »
Mar

As Seccións Bilingües van alén do común ensino dunha lingua estranxeira. Procuran a normal formación do alumnado en cada materia, mais en inglés. Dende hai uns anos se estabreceu un intercambio lingüístico bianual co Upper Dublin High School de Fort Washington, Pensilvania (E.U.A.). Observar como aplican o aprendido fóra da aula, o ben que se desenvolven nun contorno novo, cunha familia de fala inglesa, nun instituto americano, resulta enormemente satisfactorio. Do seu proceder depende a continuidade do intercambio. O deste curso foi, por enteiro, un éxito. Dende aquí agradecemos a pais, nais e alumnado o valor que lle dan ao programa e o moito que se implican. Tamén queremos recoñecer a excelente acollida dispensada polos nosos compañeiros norteamericanos.

 

Os profesores da Sección Bilingüe de Inglés

Fotos da Viaxe

Distribuir contido

Contador de visitas



by Dr. Radut