Skip to Content

Tecnoloxía

INTEGRACIÓN EN TORONTO. PIALE 2023. BEATRIZ OTERO ESTEBAN

08/03/2024

Beatriz Otero, unha das profes de Tecnoloxía do centro, participou no programa PIALE 2023  que consistiu na integración nun instituto de Toronto durante 4 semanas. Aquí vos deixa un pequeno resumo da experiencia.

 
Música del video musical de Alegría del Circo del Sol
Letra: Calaude Amesse, Franco Dragone, Manuel Trados.
Música: de René Dupéré.

2º ESO PROGRAMA D´TEC

18/06/2024 09:20
18/06/2024 17:00

O alumnado de 2º ESO participa no CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol no Programa D'tec o martes 18-6-24 de 09:20 a 17:00 horas.

Trátase dunha xornada de innovación que inclúe:

1º.- A participación nun reto grupal, con formato de escape room, no que traballarán contidos sobre innovación e a importancia do traballo en equipo. Deberán intentar resolver un conxunto de desafíos que lles permitan atopar todas as claves necesarias para abrir unha caixa. Para levalo a cabo contarán coa axuda dun chatbor online polo que é aconsellable que o alumnado dispoña dos seus teléfonos móviles ou, como mínimo dun dispositivo cada 3 alumnas/os.

2º.- O espectáculo Innovando a hombros de xigantes, propón un percorrido por momentos clave da evolución cintífico tecnolóxica desde os seus inicios hasta a actualidade: o lume, a palanca, a química moderna, a electricidade, a presión, o azar, a radioactividade, a ciencia médica e a chegada da IA.

 

A actividade está organizada polo departamento de Tecnoloxía.

2º ESO XIV OBRADOIRO E CONCURSO GALEGO DE ROBÓTICA

06/11/2023 08:30
06/11/2023 19:30

O alumnado de 2º ESO participa no XIV Obradoiro e Concurso Galego de Robótica en A Coruña o luns 6-11-23 de 08:30 a 19:30 horas.

 

A actividade está organizada polo departamento de Tecnoloxía

2º ESO e 3º PDC TALLERES D´TEC: MARKET LAB e INSTAGRAM AR

25/04/2023 08:30
25/04/2023 17:00

O alumnado de 2º ESO e 3º PDC realiza dous talleres D'tec o martes 25-4-23 de 08:30 a 17:00 horas.

1- Taller D´tec Market lab. Deseño de produto: exploran o traballo de laboratorio de química mentres desenvolven dous produtos cosméticos: bomba de baño e crema hidratante.

2- Taller D´tec Instagram AR: aproximación práctica ao uso da Realidade Aumentada (AR) a través da aplicación Spark que permite o desenvolvemento de contidos aumentados para a rede social Instagram. 

A actividade está organizada polo departamento de Tecnoloxía.

4º ESO, 1º BAC e CICLO CHARLA EN NARÓN

09/03/2023 10:30
09/03/2023 16:00

O alumnado de 4º ESO, 1º BAC e CICLO asiste a unha charla sobre "A nosa pegada dixital en Internet: canto saben de nós e para que o usan" no Pazo da Cultura de Narón o xoves 9-3-23 de 8:30 a 16:00 horas. Despois da charla, faise un tramo da Ruta dos Muiños de Xuvia.

A relatora é  Susana Ladra, enxeñeira e doutora en Informática pola UDC, graduada en Matemáticas (UNED), Directora do Campus Innova da UDC, profesora Titular, investigadora do CITIC e Vicepresidenta do Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia. Obtivo premios como MSCA 2018 Award ou Premio Ada Byron Nova pola Universidade de Deusto.

A actividade está organizada polos departamentos de Informática, Matemáticas e Tecnoloxía do IES Cabo Ortegal.

     

     

4º ESO SAÍDA DIDÁCTICA A FERROL

16/12/2021 08:30
16/12/2021 17:00

O alumnado de 4º ESO realiza a ruta das Meninas de Canido e participa no taller D´tec "Mundos virtuais" no CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol o 16-12-2021 de 08:30 a 17:00 horas.

A actividade está organizada polos departamentos de Bioloxía e Tecnoloxía.


3ºESO e 3ºPMAR: VISITA AO MUNCYT e AO XII OBRADOIRO GALEGO DE ROBÓTICA

17/11/2021 08:30
17/11/2021 19:30

O alumnado de 3º ESO e 3º PMAR realiza, o mércores 17-11-21 de 08:30 a 19:30 horas, unha visita ao Museo Nacional de Ciencia e Tecnología, en donde realizarán unha actividade, e participarán no XII Obradoiro Galego de Robótica, onde imparten formación sobre programación e robótica


4ºESOA VIDEOCONFERENCIA "PODEN PENSAR AS MÁQUINAS"

02/11/2021 12:00
02/11/2021 13:10

O alumnado de 4º ESO ten unha videoconferencia sobre "Poden pensar as máquinas?" o martes 2-11-2021 ás 12:00 horas impartida por Senén Barro Ameneiro, Director do CITIUS

CONCURSO DE ROBÓTICA 1º BACH

16/06/2021

O departamento de Tecnoloxía organiza un concurso de robótica para o alumnado de 1º Bacharelato que cursa dita materia. O concurso consta de dúas probas: siguelineas con obstáculos e sumo.

Proba siguelineas

Proba sumo

Gañadores do concurso

 

3ºA E 4ºA ESO: CHARLA/OBRADOIRO POR QUÉ "NACÍN" ENXEÑEIRA

23/04/2021 12:00
23/04/2021 13:00

O alumnado de 3º ESO A e 4º ESO A terá o venres 23 de abril de 2021 unha charla/obradoiro sobre "Por qué nacín enxeñeira?" impartida por Eva Cernadas García, profesora titular de universidade e investigadora vinculada ao CiTIUS

1BAC VIDEOCONFERENCIA

16/11/2020 12:45
16/11/2020 14:00

O alumnado de 1º de BAC participará na videoconferencia sobre o "Só a ciencia nos rescatará da pandemia" impartida por Sonia Villapol Salgado desde Houston (Texas) o luns 16 de novembro de 12:45 a 14 horas.

4ºESO CIENCIAS, 1ºBAC ROBÓTICA: VIAXE Á CORUÑA

26/11/2019 08:30
26/11/2019 17:30

O alumnado de 4º ESO Ciencias e de 1º BAC que cursa robótica realiza unha viaxe á Coruña onde visita a Domus e participa no obradoiro e concurso de robótica o martes 26 de novembro de 2019 de 08:30 a 17:30 horas

CANCELADA 3º ESO A e ADES: ECOTONO

16/04/2020 10:25
16/04/2020 12:05

O alumnado de 3º ESO A e Ades ten un taller de elaboración de carteis o luns 16 de abril de 10:25 a 12:05 horas

4º ESO e 1º BAC DÍA DAS RAPAZAS NAS TIC

25/04/2019 11:15
25/04/2019 12:05

O xoves 25-4-19 de 11:15 a 12:05 o alumnado de 4º ESO e de 1º BAC participa nunha videoconferencia que organiza o CESGA con motivo do Día das rapazas nas TIC.

 

1º BAC ROBÓTICA NA EUP FERROL

28/03/2019 00:30
28/03/2019 15:00

O alumnado de 1º de BAC que cursa Robótica participa no II torneo de robótica da Escola Universitaria Politécnica de Ferrol o xoves 28-3-19 de 08:30 a 15:00 horas.

  

4º ESO e 1º BAC Ciencias DÍA DA ENXEÑARÍA

18/01/2019 08:15
18/01/2019 20:00

O alumnado de 4º da ESO e de 1º de BAC asisten á Xornadade Portas Abertas do Día de Enxeñaría en Ferrol o venres 18 de xaneiro de 2019 de 08:15 a 20:00 horas.

DESPEDIDA DA NOSA AUXILIAR DE CONVERSA

31/05/2018

Hoxe foi o útlimo día de traballo no centro da nosa auxiliar de conversa, Suzzane Boretz. Os alumnos da sección bilingüe de tecnoloxía e a súa profe están moi agradecidos polo seu traballo, o seu interese e a súa actitude.

Foi un placer tela no centro este curso!! See you soon Suz!!

 

PARTICIPACIÓN NO CONCURSO DE ROBÓTICA DA UNIVERSIDADE DE VIGO

04/05/2018 07:00
04/05/2018 21:00

O alumnado de 1º de BAC, dos institutos de Ortigueira e Cariño, que cursa a materia de Robótica participa na IV edición da Competición de Robots organizado pola Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo o venres 4 de maio de 07:30 a 20:30 horas.

 

AS RAPAZAS NAS TIC

26/04/2018 10:45
26/04/2018 12:30

O 26 de abril de 10:45 a 12:30 horas o alumnado de 4º de ESO, de 1º e 2º de Bac de ciencias participa nunha actividade por streaming de vídeo con motivo da celebración do Día Internacional das Rapazas nas TIC.

MULLERES NA CIENCIA:

28/02/2018 10:25
28/02/2018 13:10

O mércores 28-2-18 3 alumnas de 1º de BAC e 4 de 2º de BAC visitan ao alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria do CEIP Manuel Fraga Iribarne de Cariño para realizar una presentación sobre as mulleres na ciencia baixo o título "Eu son científica" de 10:25 a 13:10 horas.

Realizan unha presentación e un kanhoot, 2 experimentos e un reto de completar un circuito cun robot.

MULLERES NA CIENCIA: EU SON CIENTÍFICA

28/02/2018 10:25
28/02/2018 13:10

O mércores 28-2-18 3 alumnas de 1º de BAC e 4 de 2º de BAC visitan ao alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria do CEIP Manuel Fraga Iribarne de Cariño para realizar tres obradoiros sobre as mulleres na ciencia baixo o proxecto que están levando a cabo no colexio "Eu son científica", de 10:25 a 13:10 horas.

Realizan unha presentación e un kahoot, 3 experimentos relacionados coa ciencia e un reto de completar un circuito cun robot.

 

Foi unha experiencia moi moi positiva!! Moitas grazas ao colexio por organizar esta actividade e contar con nós!! E moitas grazas a Alba, Ainhoa, Eva, Carla, Sabela, Ángela, Ashley e Laura por ser unhas magníficas monitoras!!

E, como non, unha vez máis saímos na prensa. Podedes acceder ao artigo de La Voz de Galicia clicando aquí.

 

VISITA Á CENTRAL TÉRMICA DAS PONTES

27/02/2018 10:20
27/02/2018 17:00

O martes 27-2-18 o alumnado de 1º e 2º de bacharelato de Ciencias realiza unha visita á Central Térmica de As Pontes de 10:30 a 17:00 horas.

   

VISITA AO CESGA

07/02/2018 08:30
07/02/2018 18:00

O alumnado de Ciclo e de 1º e 2º de BAC que cursan TIC I e TIC II realiza unha saída didáctica a Santiago de Compostela na que visitan o Centro de Supercomputación de Galicia o mércores 7 de febreiro de 08:30 a 18:00 horas

ESPECTÁCULO SOBRE ASTRONOMÍA

17/11/2017 11:00
17/11/2017 12:00

O alumnado de participou nunha sesión de vídeo streaming do espectáculo de ciencia sobre a astronomía o xoves 23 de novembro de 11:00 a 12:00 horas.

O espectáculo propón, cun enfoque didáctico e ameno, un percorrido polo coñecemento que temos na actualidade do Universo e os diferentes corpos celestes que o compoñen. Así, percorreremos o Universo coñecido utilizando os datos máis actuais que se coñecen e incluíndo abundantes referencias históricas que poñan en valor os avances da ciencia nos últimos decenios.

 

VISITA AO CIT E AO SGHN DE FERROL

24/01/2018 09:20
24/01/2018 17:00

O mércores 24 de xaneiro de 2018 o alumnado de Ciclo, de 1º e 2º de BAC que cursan Física e Química, Tecnoloxía e TIC visitan o CIT e o Museo de Historia Natural de Ferrol de 09:30 a 17:00 horas.

  

VISITA A SOTAVENTO

08/01/2018 08:30
08/01/2018 17:40

Visita do alumnado de 3º e 4º da ESO de ciencias ao Parque Eólico Experimental Sotavento en Xermade o luns 8 de xaneiro de 2018 de 08:30 a 17:40 horas.

                                                                 

VISITA AO PARQUE EXPERIMENTAL SOTAVENTO

02/03/2015 08:30

O pasado luns 2 de marzo o alumnado de 3º e 4º da ESO visitou o parque experimental de Sotavento, que se atopa no Concello de Xermade. Na visita puideron ver unha vivenda bioclimática e aprender un pouco máis sobre as enerxías renovables.

Sotavento  Sotavento

VISITA AO PARQUE EXPERIMENTAL SOTAVENTO

O pasado luns 2 de marzo o alumnado de 3º e 4º da ESO visitou o parque experimental de Sotavento, que se atopa no Concello de Xermade.

Sotavento  Sotavento

Na visita puideron ver unha vivenda bioclimática e aprender un pouco máis sobre as enerxías renovables.

Visita a Norvento e Alcoa

28/11/2013 00:00
28/11/2013 19:00

Actividade dos departamentos de Tecnoloxía e Física e Química.

Visita a á fábrica de aeroxeradores de Norvento (Vilalba, Lugo) e a Alcoa (San Cibrao, Lugo).

Día: Xoves 28 de novembro de 2013. 

Grupos: 4º ESO, 1º e 2º BAC de Tecnoloxía e Física e Química. 

Horario: De 9:00 h a 19:00 h. 

Lugar: Vilalba e San Cibrao.

Distribuir contido


by Dr. Radut