Skip to Content

2º ESO PROGRAMA D´TEC

18/06/2024 09:20
18/06/2024 17:00

O alumnado de 2º ESO participa no CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol no Programa D'tec: "Espectáculo Innovando a hombros de gigantes" o martes 18-6-24 de 09:20 a 17:00 horas.

Trátase dunha xornada de innovación que inclúe:

1º.- A participación nun reto grupal

Con formato de escape room, no que traballarán contidos sobre innovación e a importancia do traballo en equipo. Deberán intentar resolver un conxunto de desafíos que lles permitan atopar todas as claves necesarias para abrir unha caixa. Para levalo a cabo contarán coa axuda dun chatbor online polo que é aconsellable que o alumnado dispoña dos seus teléfonos móviles ou, como mínimo dun dispositivo cada 3 alumnas/os.

2º.- O espectáculo Innovando a hombros de xigantes

Propón un percorrido por momentos clave da evolución cintífico tecnolóxica desde os seus inicios hasta a actualidade: o lume, a palanca, a química moderna, a electricidade, a presión, o azar, a radioactividade, a ciencia médica e a chegada da IA.

Para finalizar o espectáculo, reflexionaremos sobre poñer en valor a importancia da investigación e a innovación, da necesidade de contar con expertos en Ciencia e Tecnoloxía para facer do mundo un lugar mellor.

A actividade está organizada polo departamento de Tecnoloxía.



evento | by Dr. Radut