Actividades

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA OS PAIS E NAIS DO ALUMNADO DO IES BREAMO

Cumprindo coas medidas adoptadas polo goberno de España e Galicia o IES Breamo de Pontedeume continuará a súa labor educativa por medios telemáticos: web do centro, aula virtual (Entrar como convidado, todos sodes convidados), gmail, drive, páxina web de matemáticas, etc.

O pasado venres 13 de marzo o profesorado comunicou a todo o alumnado que asistiu ao centro ese día os medios que vai a usar para continuar a labor docente durante estes 14 días nos que o centro permanecerá pechado para o alumnado. Pode ser que algún profesor ou profesora do centro se poña en contacto telefonicamente ou a través da plataforma Abalarmóbilcon algún pai ou nai para solicitar algún correo electrónico de contacto e poder continuar con éxito a labor docente con todo o alumnado do centro.

Na reunión mantida con todo o equipo docente o venres adoptáronse os seguintes acordos:

  1. As datas dos exames que estaban programados para estes días, re-programáranse unha vez que comece a actividade presencial do alumnado e buscando que as probas pendentes para avaliación sexan distribuídas racionalmente no tempo.
  2. As datas de avaliación, fixadas para os días 1 e 2 de abril, aprazaranse para máis adiante unha vez que o alumnado remate os exames pendentes.
  3. A data da avaliación de EPA mantéñense.
  4. O alumnado de 2º de bacharelato debe seguir estritamente as directrices do profesorado que imparte nese nivel.

O alumnado, na medida do posible, deberá seguir un horario de traballo similar ao que tiña no horario presencial no instituto.

Para calquera consulta, dúbida, suxestión, etc. urxente, tedes á vosa disposición o correo electrónico do centro ies.breamo@edu.xunta.gal ou tamén podedes chamar ao teléfono do centro: 881-930435.

O equipo docente e o equipo directivo queda á vosa disposición.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer