Benvida

IES  Santiago  Basanta  Silva

Correo electrónico:

ies.basanta.silva@edu.xunta.gal

Teléfono: 982870872

Enderezo:

Cidade Cultural, Rúa do Estudante s/n, 27800 Vilalba, Lugo

 

 

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022

Listaxe provisional de alumnado seleccionado e suplente das axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos

PROTOCOLO ABAU 2022

PROTOCOLO ABAU 2022

Dado que a avaliación do Bacharelato para Accecso á Universidade (ABAU) terá unha convocatoria ordinaria os días 7, 8 e 9 de xuño de 2022 e outra extraordianria os días 12, 13 e 14 de xullo de 2022, e prevendo que en Galicia se darán as condicións para realizar esta proba de xeito presencial, a Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG), órgano competente para a organización da ABAU, desenvolve o seguinte protocolo a partir da experiencia da ABAU 2020 e da ABAU 2021.

Charla sobre: "OBESIDADE E SOBREPESO INFANTO-XUVENIL: PAUTAS PARA UNHA VIDA SAUDABLE" (Primaria e 1º e 2º de ESO)

Para nais e pais do alumnado de 1º e 2º da ESO

Charla sobre obesidade e sobrepeso infantoxuvenil, o día 19/05, ás 16,30 h. no auditorio municipal, para toda a Primaria e 1º e 2º de ESO 

TÍTULO: "OBESIDADE E SOBREPESO INFANTO-XUVENIL: PAUTAS PARA UNHA VIDA SAUDABLE"

POÑENTE: LUCÍA BOUZA (PEDIATRA CENTRO DE SAÚDE VILALBA).

MOTIVO: DESENVOLVEMENTO DO PLAN DE ACTUACIÓN EN SOBREPESO E OBESIDADE INFANTIL E XUVENIL.

Obradoiro Drons Espazo Xove Vilalba

Hoxe xoves, 5 de maio, 12 alumnas e alumnos de 1º de bacharelato da materia de Tecnoloxía Industrial, impartida pola profesora Verónica Santiso, do Departamento de Tecnoloxía, asistiron a un obradoiro de drons. O obradoiro tivo unha  primeira parte teórica, onde os participantes recibiron información sobre a lexislación que regula o uso de estes aparatos, tipos de drons , ... e unha segunda parte máis práctica, onde o noso alumnado tivo a oportunidade de poder voar un destes drons, práctica que tivo lugar no campo da feira de Vilalba. Agradecer a Ana e a Zoe do Espazo Xove e a Fran, o monitor e antigo alumno do noso instituto, a xornada tan agradable e divertida que pasamos. ESPERAMOS PODER REPETIR A EXPERIENCIA O VINDEIRO CURSO. GRACIÑAS.

 

                

 

ABAU Proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade.

Información Convocatoria de matricula ABAU 2022

 Matrícula, Horario, Comisións Delegadas, ...

Diploma de Estudos en Língua Francesa ( DELF B1 e B2)

Diploma de Estudos en Lingua Francesa ( DELF B1 e B2)

20 alumnos de bacharelato do noso centro, realizaron as probas para a optención do Diploma de Estudos en Lingua Francesa ( DELF B1 e B2), a través dun acordo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e o Servicio de Cooperación e de Acción Cultural da Embaixada de Francia en España. As probas foron realizadas o mercores, xoves e venres, (27, 28 e 29 de Abril 2022), a través do centro acreditado da Alianza Francesa da Coruña.

ONDAS NA CHAIRA

Xa temos o noso primeiro podcast subido na plataforma ivoox co título "Coemocións nas Ondas". Para poder escoitalo só tes que premer nos enlaces.

Descripción de Coemocións nas Ondas

Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2021-2022

Convocatoria (prema no enlace) dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2021-2022

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 26 de abril de 2022 e rematará o día 25 de maio de 2022.

EXCURSIÓN 2º DE BACHERELATO

 

VISITA DO ALUMNADO DE 2º DE BACHERELATO Á BASÍLICA DE SAN ISIDORO E Á CATEDRAL DE LEÓN

O pasado xoves 21 de abril, o alumnado de 2º de Bacharelato, acompañado polas profesoras, Lorena Piñón, Verónica Santiso e Mª Teresa López, visitaron a cidade de León para coñecer un anaco da arte románica e gótica.

A excursión partiu ás 08.45 h., chegando a León arredor das 12 horas, onde empezaron a visita á Basílica de San Isidoro. Logo do descanso para o xantar, sobre as 17 horas iniciaron a visita á catedral de León.

Arredor das 19 horas emprendeuse  a viaxe de regreso a Vilalba, facendo unha breve parada en Ponferrada para contemplar o Castelo dos Templarios.

A chegada a Vilalba foi ás 22.15 horas, despois dun día intenso e enriquecedor en todos os ámbitos.

          

Distribuir contido