VIAXE DIDÁCTICA A XIXÓN: VISITA Á CIDADE, CASA MUSEO JOVELLANOS E UNIVERSIDADE LABORAL

O día 25 de outubro o alumnado de 4º ESO de Xeografía e Historia, acompañado de seis profesoras realizou unha viaxe a Xixón co obxectivo de visitar a Casa Museo de Gaspar de Jovellanos, destacado escritor, político e ilustrado español, que tivo un gran protagonismo na historia do noso país, así como a Universidade Laboral, monumental edificio catalogado como o máis grande de España, construido no pasado século, cun estilo clásico, baixo a dirección do arquitecto Luis Moya, e hoxe reconvertido en Cidade da Cultura. Ademais, coñecemos esta bonita cidade da costa asturiana percorrendo os lugares máis destacados: Praia de San Lorenzo, barrio de Cimadevila, Porto deportivo, Praza Maior, Palacio de Revillagigedo….A xornada resultou, ademais de didáctica, divertida e gratificante para todo o alumnado, que disfrutou convivindo e compartindo momentos e experiencias, das que lles quedará, sen dúbida, un fermoso recordo e aprendizaxe.