Skip to Content

Actividades co alumnado

O MAGOSTO EN BARRO

O mércores 31 de outubro, celebramos o tradicional magosto no IES con espectaculares actividades mentres preparamos as castañas: Loita celta, A Billarda, Brilé, A Chave, A Petanca, O Pano, Sogatira...

E... como todos os anos o "Concurso de Sobremesas", este ano moi reñido abtivo os seguintes resultados:

1º Premio mellor sabor para Nerea B. M., 1º Premio presentación para Brais Sabarís González.

2º Premio mellor sabor Cristina P. C., 2º Premio presentación Aroa e Uxía O. R..

Temos máis fotos na galería e aquí temos a receita gañadora:

Tarta 3 chocolates con noces:    

--100 g Chocolate negro; --100 g Chocolate con leite; --100 g Chocolate branco; --3 sobres callada; --150 g de sucre; --900 ml de nata; --Noces peladas; --Galletas maría e leite

Pos ao lume un dos chocolates cun sobre de callada, 300 ml de nata e 50 g de sucre.

Mentres facemos unha cama de galletas molladas no leite, cando a mestura estea toda homoxénea, botámola enriba da cama de galletas, esperamos a que calle e botámoslle 1/3 dás noces trituradas.

Repetimos a operación para os tres chocolates so que na última decórase coas noces e chocolate raiado. Metémolo na nevera un par de horas.

PLAN DE CONSUMO DE FROITA NA ESCOLA

Durante toda a semana, o IES de BARRO levou a cabo a campaña de consumo de "froita na escola"

Os alumnos degustaron nos recreos, diferentes froitas cada día.

A MANDARINA Que é?

A mandarina (Citrus x tangerina) é o froito do mandarineiro.

Pertence ao grupo dos cítricos, froitos chamados hesperidios, con polpa formada por un considerable número de cuarteiróns cheos de zume, con moita vitamina C. A mandarina é a froita cítrica máis parecida á laranxa, aínda que de menor tamaño, sabor máis aromático e con maior facilidade para lle quitar a pel. Por iso se considera una das froitas máis apreciadas.

Os cítricos proceden de Oriente, China e India, desde onde se estenderon por todo o mundo. No século X, os árabes introdúcenos en España, onde en principio se apreciaron polo seu carácter ornamental. Foi no século XV cando se empezaron a valorar como árbores froiteiras. Adaptáronse moi ben ao clima levantino, aínda que non houbo plantacións regulares ata finais do século XVIII. O cultivo da mandarina comeza no ano 1858.

 A MAZÁ Que é?

A mazá (Pyrus malus) é o froito da maceira. A pel pode ser de cor verde, amarela ou avermellada, e a polpa, fariñeira ou crocante, presenta un sabor que varía entre o agre e o doce. Contén no seu interior varias sementes de cor marrón escura. A mazá foi un froito simbólico ao longo da historia. Cítase na Biblia como o froito prohibido. Sen coñecer a súa composición, a sabedoría popular sempre lle atribuíu virtudes saudables. Crese que xa existía na prehistoria, tal e como o demostran restos arqueolóxicos que se atoparon en escavacións neolíticas. No século XII a. C., a maceira era cultivada nos fértiles vales do Nilo en tempos do faraón Ramsés III. A mazá foi introducida na península Ibérica polos romanos e os árabes. E no século XVI, os conquistadores españois estenderon o seu cultivo ao Novo Mundo. E cen anos despois, desde Iberoamérica, a maceira emigrou a América do Norte e, posteriormente, a África setentrional e Australia.

 A PERA Que é?

A pera (Pyrus commnunis) é o froito carnoso con forma oval ou redondeada da pereira, árbore da familia das rosáceas. Os seus froitos, as peras, son de forma cónica, redonda ou globosa, e máis ou menos estilizadas dependendo da variedade. A cor da pel que predomina é a verde, pero son numerosas as diversas tonalidades que se mesturan con este, como a amarela, a parda e, en ocasións, a avermellada. A polpa é case sempre branca e nalgúns casos lixeiramente amarelenta, de sabor doce –en maior ou menor grao segundo a variedade, e moi substanciosa. Dependendo da madureza da pera, esta ofrecerá diferentes características de sabor, dozura, acidez e suavidade ou aspereza. En escavacións arqueolóxicas atopáronse vestixios desta árbore que datan de 3000 anos a. C. En estado silvestre, achábase nas zonas mornas de Europa e Asia Central. Os responsables da difusión e mellora do seu cultivo foron os romanos, os que desenvolveron novas variedades deste froito mediante técnicas de enxerto. De feito, Plinio deixou testemuño escrito da súa importancia na antiga Roma, describindo 38 variedades de pera.

 O PLÁTANO Que é?

O plátano (Musa acuminata) é unha froita tropical procedente da árbore que recibe o mesmo nome, banano ou plataneiro, planta monocotiledónea pertencente á familia das musáceas e ao xénero Musa. As condicións óptimas para o seu cultivo son boa luminosidade, bastante humidade e unha temperatura aproximada de 25 ºC. O período desde a sementeira da planta nai ata a emisión do acio é de 10-12 meses. Unha vez que emite o acio, lévanse a cabo tres procesos: amarre ou atado, embolsado e desflorado.

• Amarre ou atado: para evitar a caída da planta debida ao peso do acio. • Embolsado: consiste na colocación dunha funda de plástico para evitar insectos e rozamentos no campo e no transporte. Ademais, conséguese unha froita máis limpa.

• Desflorado: o proceso de desflorado consiste en quitar, unha a unha e de forma manual, a flor feminina (de onde nace o plátano) que queda ao final de cada froita e que os consumidores poden apreciar como unha zona negra ao final de cada peza. O froito ten forma alongada ou lixeiramente curvada, de 100-200 gramos de peso. A pel é grosa, de cor amarela e doada de pelar, e a polpa é branca ou amarelenta e carnosa. Aínda que en numerosas ocasións se citou América Central como o lugar de orixe do plátano, a maioría dos autores opinan que esta froita é orixinaria do sueste asiático, concretamente da India, e é coñecida no Mediterráneo despois da conquista dos árabes no ano 650 d. C. A especie chegou a Canarias no século XV e desde alí foi levada a América no ano 1516.

FESTA DA LINGUA 2012

O martes 21 pola tarde celebramos no noso insti a festa da lingua. Houbo un cheo absoluto no "teatro" do IES para ver as proxeccións de vídeos e escoitar os poemas. O maior éxito da tarde foi o concurso de karaoke, no que puidemos gozar coas interpretacións dos grandes clásicos do pop galego por parte dos alumnos e alumnas do centro.

Moito público e o "manager" ao fondo  

Tivemos a mellor presentadora

Os técnicos de imaxe e son

Interpretación dunha balada 

Camiñada á Santiago

Oa alumnos de 3º da ESO, están a facer o Camiño Portugués cara a Santiago de Compostela.

Primeiro día, 26/04/2012:

XVIII CERTAME GRÁFICO POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÌSTICA

CONCURSO DE ADHESIVOS 2011-12

A Coordinadora de Equipos de Normalización lingüística do Salnes, otorgoulle o segundo premio a nosa alumna:

ANA CANCELA RODRÍGUEZ co lema "Eu a crise dúrmoa. Os galegos podemos"

Os mellores traballos serán expostos nos 15 centros participantes a través dunha mostra que percorrera os institutos no que resta de curso.

Presentáronse uns 300 traballos, e realizouse a edición dos adhesivos gañadores nas tres categorías existentes.

ENTROIDO EN BARRO

HORARIO DE ACTIVIDADES:

  • 8:15 A 10:10  Clases e 1º recreo.
  • 10:10 a 10:30 Vestiario e maquillaxe (nas aulas) (Non podemos vir cos disfraces de casa).
  • 10:30 a 11:00  Charangas.
  • 11:00 a 12:00  Concurso de Disfraces e Concurso de Playback.
  • 12:30 a 13:30  Circuito do inferno.
  • 13:30 a 14:00  Recollida do material e limpeza.

NORMAS DO CONCURSO DE DISFRACES

          Haberá 3 categorías:

  1. O mellor individual (1º e 2º premio)
  2. O mellor en parella
  3. O mellor en grupo

Para outorgar o  premio, o xurado valorará: O esforzo de elaboración persoal. A creatividade. A representación do personaxe ou obxecto reflexado.

Obradoiro de xabrón ecolóxico

 

O luns 9 de xaneiro de2012, a profesora Marisa realizou, coa axuda dos alumnos de 2º un taller para fabricar xabrón ecolóxico a partires do aceite usado das frituras.

 

 

O rematar a actividade os/as chicos/as levaron as pastillas do xabrón que fabricaron.

(Temos máis fotos na nosa galería e as explicacións do "adxunto") 

Festa Nadal 2011/2012

 XOGO DE FIN DE ANO - PROMETEO

 

 

 

 

 

Este ano na festa de Nadal os alumnos superaron distintas probas de habilidades moi variadas para descubrir os enigmas suscitados.

Participaron conxuntamente todos os mozos e mozas do instituto.

CHARLA DOAZÓN e TRANSPLANTE

 SOLIDARIEDADE e CONSCIENCIA 

O martes 29 de novembro os alumnos de 3º e 4º de ESO acudiron a unha charla sobre doazóns e transplantes na aula do laboratorio. O acto inscríbese no “Programa de divulgación en Doazón e Transplante”, organizado pola  Oficina de Coordinación de Transplantes  da Comunidade Autónoma de Galicia. O obxecto do acto é concienciar aos rapaces para unha actitude solidaria e consciente, parte fundamental do seu crecemento humano e humanitario.

RECEITA GAÑADORA no concurso de sobremesas

O premio de Sobremesas deste ano foi para MARTÍN MOSTEIRO coa seguinte receita:

250g de chocolate negro; 250g de chocolate con leite; 250g de chocolate branco; 600ml de nata; 600ml de leite; 3 sobres de leite callada e noces raiadas.

Para a base: Un paquete de galletas maría e un pouco de manteiga.

Preparación: Para a base esmáganse as galletas coa manteiga, cubrimos un molde desmontable e metemolo ao forno uns minutos.

Mesturamos 200ml de leite, 1 sobre de leite callada e o chocolate negro, cocemos 7 minutos e vertémolo sobre a base.

A continuación facemos o mesmo co chocolate con leite e vertemos encima do negro. Despois faise o mesmo co chocolate branco.

Deixamos enfriar ata o día seguinte e decoramos a gusto con noces pintadas de chocolate.

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

Con motivo do DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES, faremos unha presentación para todo o IES no vestíbulo, entre as 12:20 e as 13:30

 

 

FESTA do MAGOSTO

O mércores día 23 de novembro celebramos a festa do magosto con xogos populares de todo tipo, tamén fixemos o concurso de sobremesas.

VIDEOCONFERENCIA DE ANXO CARRACEDO

VENRES 4 DE NOVEMBRO

No Laboratorio, a partires das 12:20 horas, para os cursos de 3º e 4º da ESO

Videoconferencia de Anxo Carrcedo Profesor e director do Instituto de Medicina Legal. Grupo Medicina Xenómica da Universidade de Santiago de Compostela.

Investigador recoñecido da Medicina Forense e Xenética Forense e de Poblacións 

VISITA AO PARQUE ARQUEOLÓXICO DE CAMPOLAMEIRO

Os alumnos de 2º curso da ESO, organizado polo Departamento de Ciencias Sociais e Act. Extraescolares, realizaron o día 14 de outubro unha visita ao Parque da Arte Rupestre

Temos máis fotos na GALERÍA, e a reseña no noso TABOLEIRO

4ºESO - PROMOCIÓN 2010-2011

Fai clic nos seguintes enlaces para ver as fotografías:

                   FOTO1         FOTO2

FOTOS CURSO 2010-2011

Fai clic nos seguintes enlaces para ver as fotografías:

              FOTO1  FOTO2  FOTO3  FOTO4 

Distribuir contido


by Dr. Radut