O portal espazoAbalar é unha canle de comunicación de novas sobre o proxecto, e o mesmo tempo unha ferramenta de comunicación entre o profesorado e as familias.

Neste servizo, os/as docentes poden enviar mensaxes ás persoas responsables do alumnado, tanto de xeito individual como dun grupo completo e, opcionalmente, poden permitir que as persoas responsables respondan á mensaxe iniciando así unha conversa con elas. Disponse de varias funcionalidades de mensaxería:

  • mensaxes privadas
  • mensaxes de difusión
  • mensaxes tipo sala

 
Así, coas mensaxes privadas ou de difusión para grupos enviadas polo profesorado, as persoas responsables van poder comunicarse mantendo a privacidade. A única diferenza é que o profesorado vai poder personalizar os contidos, no caso da mensaxe privada, ou notificacións de interese para todo o grupo, no caso da difusión.
 
Pola súa parte, as mensaxes tipo sala, permiten crear novas comunicacións dirixidas ás persoas responsables do alumnado. Neste caso a selección faise por grupos completos e as respostas que se envían son visualizadas por cada integrante da sala que teña aceptado participar no chat.
 
Unha vez enviada a mensaxe, as persoas responsables que estean subscritas ás notificacións recibirán avisos push na app abalarMóbil instalada nos seus dispositivos móbiles.

 

Acceso á plataforma:

 

Acceso ao servizo de comunicación:

 

Videotitoriais:

 

Como solicitar este servizo:

  • O servizo está dispoñible para todo o profesorado que imparte docencia en centros públicos de Galicia. Para acceder á ferramenta soamente hai que autenticarse co usuario e contrasinal da conta corporativa (o mesmo empregado para entrar no correo e noutras ferramentas corporativas).