BENVIDOS AO NOSO ESPAZO WEB

IES de Barro

Outeiro 9D Perdecanai    36194 Barro

TELÉFONO 886159216 (FAX 886159224)  

IN MEMORIAM - TOÑI MARTÍNEZ CEDEIRA

 

     

     No podemos terminar el curso sin tener un recuerdo especial paras nuestra compañera Toñi. Los que compartimos con ella estos últimos años en el instituto de Barro, la recordamos como una persona completamente entregada a sus clases y a sus alumnos, de gran sensatez, y absoluta lealtad hacia sus compañeros y superiores. De convicciones profundas, supo trasladarlas a su quehacer diario. Fue siempre cordial, aún en la discrepancia, y no quiso perder la sonrisa incluso en los peores momentos de lucha contra la enfermedad. Nos dio ejemplo a todos con sus ganas de seguir enseñando matemáticas en estos últimos meses de su vida. Lo cierto es que nunca se rindió. Que Toñi descanse en paz allí donde se encuentra, y nos guarde a los que quedamos aquí manteniendo su recuerdo siempre vivo.

 

 

 

Convocatoria de setembro do curso 2016-17

EXCURSIÓN ILLAS CÍES

O 23 de xuño o alumnado do centro visitou as Illas Cíes acompañado polos profesores Toño, Susana e Miro.

XORNADA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

O profesor de francés Toño, en colaboración con parte do  profesorado e alumnado do centro, gravou unha curta contra o acoso escolar:

 

GRAVACIÓN NA ESTRADA

O grupo A Gallofa formado por alumnos do IES e do CEIP Amor Ruibal gravou a canción "Reciclar é xenial" no estudio EDISCO da Estrada como premio por gañar o concurso Sondoumia deste ano. A actividade foi organizada polos profesores Miro e Claudia.

 

 

 

PIRÁMIDE DOS ALIMENTOS

A profesora Chus rematou o proxecto da pirámide dos alimentos que se pode ver no mes de xuño no recibidor do IES. A pirámide foi construída por KIka, a directora, e Jose Antonio, o conserxe.

 

EXPOSICIÓN IMAXES DE BARRO

Expóñense estes días de xuño no instituto as fotografías do alumnado participantes no concurso Imaxes de Barro, celebrado hai dous anos polo Concello:

 

CONCURSO DE PORTADAS

Con motivo do Día Internacional do Libro, o Departamento de Inglés propúxolle ao alumnado de 1º e 2º de ESO a participación nun concurso de poirtadas de libro en inglés. Se valora a estética, a orixinalidade e a corrección lingüística. Tamén colaborou o Departamento de Plástica e os premios serán libros e material de debuxo. Estes día podemos ver as portadas no recibidor do IES:

CHARLA SOBRE NUTRICIÓN 26 DE MAIO

O alumnado de 3º e 4º de ESO asistiu a unha charla sobre nutrición organizada pola profesora Chus e impartida por Marta Samartín (farmacéutica e nutricionista):

ORIENTACIÓN COTORREDONDO 3ºESO

O alumnado de 3º de ESO desenvolveu unha actividade de orientación deportiva no lago de Castiñeiras o xoves 25 de maio:

CHARLA INGLES 23 DE MAIO

O alumnado do IES recibiu a visita de Tammy, unha americana que lles falou sobre EEUU en inglés. Todos participaron  contestando a diversas preguntas sobre cultura xeral. A charla foi organizada polo Departamento de Inglés en colaboracion coa Editorial Burlington Books:

 

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2017

O 19 de maio celebramos no IES o Día das Letras Galegas:

 

PETROGLIFOS CAMPOLAMEIRO 2º ESO

O 18 de maio o alumnado de 2º de ESO visitou o parque de petroglifos de Campolameiro. Foron acompañados polos profesores Paco e Juan:

 

SENDEIRISMO 1º ESO

O luns 15 de maio o alumnado de 1º realizou unha camiñata ata o encoiro do Pontillón.

VISITA A CICLOS FORMATIVOS 9 MAIO

A Orientadora do centro Beatriz organizou unha visita ao CIFP da Xunqueria e ao CIFP Carlos Oroza destinada ao alumnado do cuarto curso da ESO:

FESTIVAL DA COORDINADORA DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN (5 de maio)

Varios alumnos e alumnas do noso centro e do CEIP AMOR RUIBAL participaron no Festival organizado pola Coordinadorea de Equipos de Normalización. Interpretaron un tema sobre a reciclaxe composto polos propios alumnnos  e alumnas coa axuda do profesor Miro. Ademais quedaron de primeiros na súa categoría:

 

A VIDA EN BARRO A MEDIADOS DO SÉCULO XX

O alumnado do prImeiro ciclo asistiu o 3 de maio a unha charla impartida por varias mulleres de Barro na que lles explicaron como era a vida neste concello a mediados do século pasado:

O PAÍS DOS ESTUDANTES

A profesora Esperanza  coordinou un grupo de profesores e alumnos no proxecto "El país de los estudiantes". Podedes ver a continuación todos os artigos publicados nas diferentes seccións: 

Ligazón ao periódico publicado na edición 2017

 

CHARLA AESLEME PARA 3º E 4º DE ESO

O Departamento de Extraescolares organizou unha charla sobre a prevención de lesións medulares que se desenvolveu na biblioteca o luns 24 de abril:

FIN DO SEGUNDO TRIMESTRE

O Departamento de Normalización organizou un concurso de curtametraxes aproveitando o último día lectivo do trimestre (7 de abril). A temática das curtas era o orgullo do galego

CAMPIONATO PROVINCIAL DE ORIENTACIÓN (2ºESO)

O profesor David acompañou ao alumnado de 2º de ESO á Illa das Esculturas para participar no Campionato Provincial de Orientación que se desenvolveu o mércores 5 de abril:

 

 

DIA DA MULLER TRABALLADORA

Con motivo do Dia da muller traballadora, o profesor Toño elaborou un vídeo coa colaboración de parte do profesorado e alumnado do instituto: 

 

VISITA AO COMEDOR DE SAN FRANCISCO

O alumnado de relixión fixo unha visita ao comedor de San Francisco en Pontevedra o martes 14 de marzo. A visita foi organizada pola profesora Araceli.

 

CHARLA COLOQUIO CO ALCALDE DE BARRO

O luns 13 de marzo, o alumnado de 3º e 4º asistiu a unha charla-coloquio co Alcalde do noso Concello. Esta charla está enmarcada dentro das actividades do proxecto "El país de los estudiantes" coordinado pola profesora Esperanza.

 

CHARLA ECONOMÍA 4ºESO

O 7 de marzo, o alumnado de 4º de ESO recibiu unha conferencia sobre o funcionamento da Axencia Tributaria. A charla foi organizada polo profesor Paco, de Xeografía e Historia.

 

ENTREVISTA INGLÉS 1ºESO (3 de marzo)

Dentro do proxecto "El país de los estudiantes" coordinado pola profesora Esperanza, o alumnado de primeiro de ESO fíxolle unha entrevista á  auxiliar lectora que asiste ao colexio Amor Ruibal. Esta entrevista foi preparada coa axuda da profesora de inglés Elena:

 

 

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

Para conmemorar o día de Rosalía de Castro, o profesor Toño elaborou este vídeo xunto co alumnado de 1º e 3º de ESO:

ENTROIDO 2017

Como ven sendo tradición no IES DE BARRO, o venres anterior ao entrodio celebramos un concurso de disfraces e diversos xogos para adiviñar palabras. Os profes David e Susana encargáronse de que todo saise ben:

 

 

EXCURSIÓN A SANTIAGO E RIANXO DE 2º E 3º DE ESO

O xoves 16 de febreiro o alumnado de 2º e 3º asistiu a un concerto didáctico en Santiago. Tamén fixeron unha visita á catedral. Pola tarde acercáronse a Rianxo. O profesor de música Miro encargouse da organización da actividade:

 

Distribuir contido