Actividades extraescolares e complementarias

PROXECTO TERRA

Este curso 2016-17 o alumnado do IES AS INSUAS de Muros, dentro das actividades ofertadas polo PROXECTO TERRA, viaxou a GUIMARAES, visitando entre outros lugares a Citanía de Briteiros, o museo da Ciencia Viva, o pazo dos duques de Braganza, o castelo e o casco histórico da cidade de Guimaraes, berce de Portugal.

 

SAÍDA A MUROS NA SEMANA CULTURAL

Saída realizada durante a Semana Cultural no IES AS INSUAS. Este ano, aproveitando a presentación do seu libro Noia e Muros, paisaxes urbanas de séculos, acompañounos o xeógrafo e historiados Pedro García Vidal, co que percorremos o casco urbano da vila e visitamos os restos das murallas, a igrexa de San Pedro, a praza da pescadería, etc...

Distribuir contido