Skip to Content

CUALE B1

Cuale

Cuale B1 Francés ou Portugués_

Que é o CUALE?

O programa CUALE (Cursos para a Formación Complementaria da Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras) prepara ao alumnado para a realización das probas de certificación da Escola Oficial de Idiomas de maneira totalmente gratuíta.

Que CUALE impartimos no IES Aquis Celenis?

Preparación para as probas de certificación do nivel B1 de Inglés e Francés na Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía de Arousa.

Vantaxes do CUALE

É unha formación para preparar os exames de nivel B1 de inglés e francés da EOI, totalmente gratuíta.
Ao estar inscrito neste programa ademais da convocatoria ordinaria a finais de maio ou principio de xuño, o alumnado de CUALE ten a maiores a convocatoria extraordinaria a mediados ou finais de xuño, onde se lle conservan as partes aprobadas na convocatoria de xuño.
O alumnado participante no programa CUALE non ten que pagar as taxas de inscrición nin de matrícula na Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía de Arousa.
O alumnado que asista ás aulas do programa CUALE practicará e mellorará de maneira considerable a súa expresión e comprensión oral na lingua estranxeira, traballando con materiais de uso na vida cotiá, simulando situacións comunicativas reais e afacéndose a escoitar diferentes acentos en lingua estranxeira.

Quen se pode matricular no noso programa CUALE?

Alumnado de 1º e 2º de bacharelato.

Cando e onde vos podedes inscribir?

A preinscrición faise no mes de xuño (no sobre de matrícula) e a inscrición realizarase na secretaría do centro ata o día 15 de setembro.
Distribuir contido


by Dr. Radut