Skip to Content

Escola nais/pais

 

Que é unha escola de nais e pais?

 

É un lugar de encontro entre a familia e o centro educativo.

Na escola de nais e pais os e as docentes xuntámonos coas familias para reflexionarmos sobre aspectos esenciais nos que debemos camiñar xuntos. Trátase dun espazo onde levar a cabo un intercambio de experiencias, poñer en común as preocupacións particulares, explicar os distintos puntos de vista ... en fin, informar(nos) e reflexionar sobre distintos temas de interese educativo.

E que temas son eses...? Pois os que decidamos entre todos e todas: a coeducación, as novas tecnoloxías, hábitos de vida saudables, a educación afectivo-sexual, a planificación do estudo...  Temos tanto do que falar e tanto que aprender...

 

 

19 de marzo de 2024. Xestión das emocións na adolescencia

Xaneiro 2024. Como previr condutas aditivas na adolescencia.

 

 conditasaditivas

 

Xuño 2023. Programa "Navega con rumbo"

Guía para as familias

Guía para o alumnado

 

 

Marzo 2023. Uso seguro e responsable de Internet.

A documentación que aparece a continuación foi elaborada polo INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridade):

Guía de mediación parental

Pacto familiar de uso do móbil

Pacto familiar de uso de videoconsolas

Pacto familiar de uso das redes sociais

Pacto familiar de uso de dispositivos compartidos

Pacto familiar de uso de tablets

 

 

Decembro 2022. Acompañamento no uso das novas tecnoloxías.

Sesión de formación a cargo de Jeniffer Herbón, psicóloga xurídico-forense, especialista en mediación. Creadora e formadora de ConVive+ (máis información en http://convivemais.com/).
 
Os aspectos que se trataron foron: 
-    Analizar e debater os riscos da ausencia do control parental no uso das TIC por parte da rapazada.
-    Reflexionar sobre as oportunidades que ofrecen as novas tecnoloxías.
-    Ofrecer pautas e consellos prácticos ás familias para promover un uso responsable das novas tecnoloxías.
- Informar sobre as ferramentas que teñen as familias para defender os menores dos riscos aos que están expostos. 

 

Pódese acceder á documentación dirixida ás familias facendo clic aquí.

 



page | by Dr. Radut