Skip to Content

abalarMóbil

AbalarMóbil

abalarMóbil é unha aplicación que se pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha tablet, e que permite ás familias consultar a información de calquera dos seus fillos a través destes dispositivos. Está dispoñible para os pais, nais e titores legais do alumnado matriculado nos centros educativos de Galicia de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos. Tamén poden acceder os estudantes cando son legalmente responsables de si mesmos.

A descarga desta aplicación faise desde Apple Store (se o sistema operativo é IOS) ou desde GooglePlay Store (se o sistema operativo é Android).

As familias que descarguen abalarMóbil van poder dispoñer das seguintes funcionalidades:

  • Acceder aos datos persoais.

  • Consultar as cualificacións.

  • Consultar e xustificar as faltas de asistencia.

  • Consultar as faltas de conduta.

  • Solicitar unha cita de titoría.

  • Consultar os datos do centro educativo.

  • Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.

  • Consultar as incidencias creadas polo profesorado.

  • Modificar o idioma da aplicación.

  • Acceder á mensaxería de abalarMóbil, que é unha nova funcionalidade que ten como obxectivo facilitar a comunicación entre o centro e os responsables do alumnado, ou entre o profesorado e este. Esta nova sección está dispoñible a partir da versión 1.3.0 da aplicación móbil tanto para dispositivos Android como iOS.

     

Máis información: https://espazoabalar.edu.xunta.gal/abalarmobil

Distribuir contido


by Dr. Radut