Skip to Content

Seguimento da actividade do/a teu/túa fillo/a

Abalar pon á túa disposición diferentes canles online, a través do portal “espazoabalar” e da aplicación móbil “abalarMóbil” para que poidas seguir a actividade educativa do teu/túa fillo/a e contactar co seu equipo docente.

  •  espazoAbalar

No espazo “familias” do Portal espazo Abalar  https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/

podes consultar toda a información académica do/a teu/túa fillo/a.

  •  App abalarMóbil

Ademais da web, o proxecto Abalar ofréceche a opción de seguir a actividade educativa do/a teu/túa fillo/a desde calquera lugar e en calquera momento desde o teu móbil ou tableta coa app abalarMobil.

Pódela descargar dende o Apple Store (para IOS) ou dende o Play Store (para Android).

Tamén hai unha guía de emprego que podes consultar aquí.



page | by Dr. Radut