Skip to Content

Dúbidas frecuentes

  • Cómpre mercar un ordenador?

Non. O teu fillo/a dispón dun PC Portátil HP ProBook x360 11 G1 EE, HP ProBook x360 11 G5 EE ou Lenovo ThinkPad Yoga 11e 5Th G (todos os modelos co mesmo sistema operativo, as mesmas aplicacións, e características e prestacións similares), que pode ser utilizado tanto en modo portátil como en modo tableta. Este quipo cédello o centro ao/á teu/túa fillo/a para o seu emprego mentres estea cursando toda a ESO.

  •  Cando se entrega o equipo?

Ao alumnado que empece 1ºESO o Centro proporcionaralle o equipo en modo de cesión ao principio de curso, logo de asinar o acordo de cesión (pódese consultar aquí) e poderá empregalo mentres estea  cursando a ESO,  incluso nos períodos non lectivos.  O equipo devolverase só cando o/a alumno/a remate 4º da ESO ou se marche do centro.

  •  Quen é responsable do equipo?

A responsabilidade do correcto coidado do uso e do equipo recae nos/as pais/nais/titores/as legais, que deben responder pola perda do ordenador ou polos estragos causados polo seu mal uso. Isto non inclúe as avarías que poidan producirse na utilización diaria do equipo e que estean recollidas na súa garantía.

  •  Que pasa se o equipo non funciona ben?

Se tedes algunha incidencia técnica podedes contactar co Servizo Premium de atención, soporte e acompañamento de luns a domingo a través do teléfono 881 86 99 00 e no correo electrónico soporte.premium@edu.xunta.es. Este servizo encárgase da resolución de avarías, incidencias, problemas e aclaración de dúbidas e consultas que poidan xurdir. O servizo técnico avaliará a incidencia e, no caso de que a solución sexa restaurar o equipo ao seu estado inicial, deberá remitirse ao Centro para que a Coordinadora Edixgal o restaure.

  •  Como configuro o equipo para que se conecte a rede Wifi?

No centro educativo a conexión a rede WIFI Abalar é automática, polo que non é necesario que o alumnado faga ningún tipo de configuración.

No fogar, o/a alumno/a pode conectar o equipo a unha rede WIFI seguindo estes sinxelos pasos:

- Premer co botón esquerdo sobre a icona do Network Manager

- Seleccionar a wifi á cal desexa conectar

- Introducir o contrasinal e premer o botón conectar.

Tamén pode conectar o equipo a unha rede fixa mediante un cable. Normalmente estas redes proporcionan direccións IP de xeito automático, polo que unha vez colocado o cabo, o/a alumno/a non terá que facer nada máis.

  •  É necesario levar sempre o equipo para a casa?

 O alumnado levará o ordenador á casa para estudar e realizar as tarefas encargadas polo profesorado. Non obstante,  o/a teu fillo/a comprométese a levar todos os días o ordenador ao centro coa batería completamente cargada.

  •  Se non teño conexión a internet na casa, como pode o meu/miña fillo/a estudar ou facer as tarefas encargadas polo profesorado?

Se non hai conexión a internet na casa, o/a teu/túa fillo/a deberá descargar os contidos na aplicación EVA Offline que ten instalada no equipo no Menú Aplicativos/Educación/EVAOffline no centro. Deste xeito poderá seguir o curso sen dificultade porque calquera avance que realice cando estea sen conexión será actualizado de maneira automática na plataforma en canto o portátil volva a ter conexión a Internet.

 



page | by Dr. Radut