Skip to Content

Novas

Convocatoria de probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional

Prazos de inscrición para as probas:

- Ciclos formativos de grao medio: do 26 de febreiro ao 8 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos

- Ciclos formativos de grao superior: do 29 de xaneiro ao 9 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos

Ligazón á aplicación informática:

https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do

Máis información no seguinte enderezo.

https://www.edu.xunta.gal/fp/probas

Orde sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos

Orde de 4 de xaneiro de 2024 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos,  pola que se aproba o protocolo sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros docentes de niveis non universitarios sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

AVISO PARA AS FAMILIAS SOBRE O USO DO APARCAMENTO DO CENTRO

Debido á obra de instalación dunha caldeira de biomasa no centro desde o luns 11 de setembro  NON SE PODERÁ ACCEDER CON VEHÍCULO PARTICULAR AO APARCAMENTO DO INSTITUTO, para facilitar o tránsito dos autobuses escolares e dos camións de material, xa que parte do aparcamento vai estar valado.

As familias que traian aos seus fillos/as en coche ou que os veñan buscar, terán que facelo fóra do aparcamento do instituto.

Lamentamos  as molestias que isto lle poida causar.

A DIRECCIÓN

HORARIO DO CURSO 2023-2024

O horario do centro é o seguinte:

- Luns e martes: 8.30h-14.40h

- Mércores, xoves e venres: 8.45h-14.30h

 ESO, Bacharelato e Formación  Profesional Básica non teñen  clase pola tarde e, polo tanto, non hai servizo de comedor.

Os ciclos formativos teñen clase o xoves pola tarde, de 16.00h-18.30h

IMPORTANTE: Concrecións curriculares da ESO e Bacharelato adaptadas á LOMLOE

As Concrecións Curriculares de ESO e Bacharelato   están adaptadas á LOMLOE e á Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se act

Distribuir contido


by Dr. Radut