Lingua Galega

Resumo das programacións do curso 2020/21

Podedes ver os resumos das programacións de Lingua Galega correspondentes ao curso 2020/21:

1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO

 

"Mamasunción" de Chano Piñeiro (1984)

Curtametraxe que se poden ver na páxina web do audiovisual galego flocos.tv:
Captura da portada

Mamasunción é a produción galega máis galardonada e viaxeira de todas cantas se filmaron ata agora en Galicia: Gran premio do cine español en Bilbao e premiada asemesmo en Oberhausen (Alemania); Gracovia (Polonia); Clermont Ferrand (Francia), Edimburgo (Gran Bretaña), e Sydney (Australia),Chano iniciou con ista curtametraxe a sua breve traxectoria en cine profesional en 1984. Mamasunción converteuse axiña en bandeira do cine galego dos oitenta. A pesares da sinxeleza e as veces inxenuidade da súa posta en escena, pode considerarse hoxe como un filme clásico do cinema galego. A curtametraxe procura unha mirada lírica sobre os efectos dramáticos da emigración a través do punto de vista dunha muller que agarda durante décadas a chegada dunha carta do seu fillo emigrado en México. A extraordinaria forza expresiva do rostro da anciá protagonista Sunción Ogando Rodríguez, preside o universo dunha aldea galega, sin falsos folklorismos nin formalismos deformadores, con mirada cáseque etnográfica Mamasunción encarna un persoaxe insólito no cinema español de tema migratorio: as viuvas de vivos, o punto de vista dos que se quedan.

Duración:
19:53
Ano:
1984

"Sempre Xonxa" de Chano Piñeiro (1989)

Podes botarlle unha ollada aquí á longametraxe Sempre Xonxa de Chano Piñeiro (1989):  http://flocos.tv/curta/sempre-xonxa

-------------------------------------

Captura da portada

Xonxa, Pancho e Birutas medran xuntos. Xa na adolescencia Birutas emigra a México e durante dez anos non hai noticias del. Ao cabo dese tempo, ben traxeado e dono dun bo coche, regresa a aldea coa certeza de que Xonxa o agarda... Pero Xonxa e Pancho casaron xa vai para tres anos e teñen unha filla “Xonxiña”. Birutas convence ao seu amigo de que na aldea non hai futuro e ofrécelle un posto de home de confianza á fronte dalgún dos seus negocios.

Duración:
108:35
Ano:
1989

 

Distribuir contido