Seguindo o protocolo, só se permitirá a entrada ao alumnado e ao persoal do centro.
Para calquera consulta poden chamar ao 982 870051 de 8.30 a 14.30 h.
Seguindo o protocolo, só se permitirá a entrada ao alumnado e ao persoal do centro.
Para calquera consulta poden chamar ao 982 870051 de 8.30 a 14.30 h.
Voltaremos ás clases o vindeiro venres 8 de xaneiro de 2021.
As ANPAs do CEiP Castro de Ouro e do IES Alfoz-Valadouro realizaron o documental "Grandes historias das heroínas do rural" para homenaxear a todas as mulleres de Alfoz e O Valadouro que adican a súa vida ao rural.
Por mor da situación actual, aprobouse, por Claustro e Consello Escolar, unha addenda ás NOF do centro e o horario espello que se levaría a cabo se algún/s aula/s tivesen que confinarse. Podedes consultar os dous documentos:
Conmemoramos este día con carteis, dous lemas "Que o silencio non sexa cómplice" e "Entre tod@s imos silenciar o ruido machista" e un vídeo gravado no curso pasado.
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade realizará unha achega complementaria para a adquisición de máscaras para o alumnado matriculado nos niveis de ensino obrigatorio e educación especial.
As máscaras distribuiranse entre o alumnado pertencente a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €, que foi o límite de referencia no curso 2020/21 para ter dereito á axuda para adquirir material escolar. Polo tanto:
- Non terá que presentar solicitude o alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 porque se lles adxudicarán directamente.
- Terá que presentar solicitude o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:
Para realizar esa solicitude terán que cubrir o anexo I e II, que poden descargar dende aquí, e presentala no noso centro dende o 16 ata o 27 de novembro de 2020.
Podedes consultar a orde do 6 de novembro de 2020 (DOG).
O pasado 27 de outubro xubilouse José Vázquez Peinó, Pepe, o profesor de historia e lingua galega en primeiro e segundo de ESO.
Pepe chegou ao noso centro no curso 97/98, polo tanto leva máis de vinte anos adicándose en corpo e alma a ensinar a todos os rapaces que pasaron polo instituto. É un referente para todos nós. No terreo profesional, fixo infinidade de actividades cos alumnos e todos os seus compañeiros: obras de teatro, xornais, radio e películas, e foi sempre un profesor riguroso, traballador e cunha especial serenidade en todos os aspectos. Na parte persoal, podemos destacar a súa positividade, alegría e xenerosidade con todos. Todos vemos a Pepe como unha persoa moi especial e a que lle debemos moitos momentos vividos.
As obras de teatro que fixo Pepe no instituto foron: 'A verdadeira historia de Parvo de Cela', 'Alí vén teu pai', ' Revolución no ximnasio', 'A máquina do tempo', ' A apidemia' e ' Bruxas, vampiros, trasgos e fantasmas'. Fixo as películas tituladas: 'Lume na alma', ' Malos tempos' (2007, primeira película, gañou o primeiro premio no certame OUF Escolar de Ourense), ' Volveremos',' Adeus' e 'Pasado e futuro'. Dirixiu o Xornalouro que foi a revista escolar do centro durante moitos anos e tamén a radio escolar Parolando. El agora seguro que seguirá coas obras de teatro e curtametraxes e coa publicación dos seus libros; seguirá tendo moitísimos admiradores da súa obra como ate agora.
Pepe, desexámosche que aproveites o tempo que agora tes para disfrutar da familia, das túas afeccións e, por suposto, para ser moi feliz!
Esperamos verte moitas veces polo noso centro; sempre terás as portas abertas no que foi o teu lugar de traballo. Grazas por todo e mil bicos para ti.
O 22 de setembro foron aprobados pola dirección o Plan de Continxencia e o Programa de Acollida para este curso 2020-21.
Podedes velos dende os seguintes enlaces:
O Plan de Adaptación á situación da COVID-19 para o curso 2020-21 foi aprobado o 22 de setembro de 2020 e xa podedes consultalo dende a nosa páxina.
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |