O concurso de postais de nadal organizado polo EDLG xa ten gañadoras. O primeiro premio corresponde a Patricia Vázquez Castro, de B2.1 de inglés. En canto ao segundo, houbo un empate entre Alba Pena Pena e Marta Rodríguez Meira. Moitas felicidades ás gañadoras e moitas grazas por participar ás outras persoas participantes. Podedes ver a continuación as postais premiadas.
Tedes á vosa disposición a 1ª enquisa sobre a Programación Xeral Anual en CentrosNet.
Debedes abrir CentrosNet nun navegador, acceder cos vosos datos e responder a enquisa que vos aparece na mesma páxina de inicio.
O prazo para responder remata o día 10 de decembro.
Desde as 16:00 horas do 4 de novembro ata as 23:59 horas do 5 de novembro, poderase solicitar un cambio de grupo entrando na aplicación CentrosNet.
Para consultar como se realiza o cambio, consulte o titorial no documento adxunto.
Pode consultar os horarios dos distintos grupos aquí.
OFICINA DE THAT’S ENGLISH!
Martes de 16.00 h a 20.00 h.
Mércores de 16.00 h a 20.00 h.