Novas

Renuncias, renuncias á promoción e reclamacións

Renuncias

Para renunciar, descargar aquí o impreso de renuncia e envialo xunto co DNI escaneado a secretaria@eoilugo.gal

  1. O alumnado poderá solicitarlle ao centro a renuncia de matrícula no curso 2019-2020 ata o 30 de xuño de 2020.
  2. A mencionada renuncia non computará para os efectos de permanencia no curso e nivel correspondente.
  3. O alumnado que renuncie á matrícula nestas circunstancias e desexe continuar os seus estudos nas escolas oficiais de idiomas como alumno/a oficial no curso 2020-2021, no mesmo curso e nivel en que estivera matriculado, non deberá someterse de novo ao proceso de preinscrición, senón que deberá matricularse do 29 de xuño ao 7 de xullo seguindo as instrucións da Circular de matrícula do curso 2020-2021 (pendente de publicación.
  4. Esta renuncia non suporá a devolución das taxas de matrícula aboadas.

Renuncias á promoción

O alumnado que non estea conforme coa proposta de promoción poderá optar por repetir o curso no que estaba matriculado no 2019-2020. Para isto deberá asinar o documento de renuncia á promoción no prazo de 3 días hábiles dende a publicación da súa cualificación.

Reclamacións

O alumnado que estea en desacordo coa súa cualificación poderá presentar unha reclamación a través desta instancia perante a dirección da escola oficial de idiomas no prazo de tres días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación. A reclamación terá que estar baseada nalgún dos seguintes aspectos:

a) Inadecuación dos obxectivos, contidos e criterios de avaliación da proba aos establecidos no currículo oficial e na programación didáctica do departamento correspondente.

b) Incorrecta aplicación dos procedementos e instrumentos de avaliación e/ou dos criterios de cualificación establecidos para estas probas.

A dirección da escola resolverá nos dous días hábiles seguintes á presentación da reclamación ratificando ou rectificando a cualificación. Para iso, solicitará do departamento o correspondente informe, no que deben constar as causas da ratificación ou rectificación da nota, e informará por escrito o alumnado implicado da resolución adoptada.

De continuar o desacordo coa cualificación, o alumnado ou o seu representante legal, no caso de menores de 18 anos, poderá interpoñer un recurso de alzada perante a Xefatura Territorial da consellería competente en materia de educación contra a resolución da dirección da escola nun prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa recepción.

Oficina de That's English!

HORARIO OFICINA DE THAT’S ENGLISH!

  • Luns de 9.00 h a 14.00 h

Cursos de linguaxe administrativa medio e preparatorios de Celga

Oferta de cursos na EOI de Lugo:

Cursos CELGA para o ano académico 2019-2020

Cursos de Linguaxe administrativa - nivel medio e superior 2019-2020

 

INICIO DOS CURSOS CELGA DO SEGUNDO CUADRIMESTRE

  • CELGA 2: 22 de xaneiro
  • CELGA 3: 22 de xaneiro
  • CELGA 4: 28 de xaneiro

 

Para mais información, consulte o seguinte documento: Ligazón ao DOG

Número de corte para o acceso aos cursos de Celga e Linguaxe administrativa

Ausencias do profesorado en CentrosNET no móbil: Descarga a App.

As ausencias do profesorado comunicaranse unicamente a través de CentrosNET

Proxectos

Erasmus

2018-19: FalArte

2017-18: Alimentación e saúde

2016-17: Viaxar

Distribuir contenido