Usuarios rexistrados: Acceso

Matricula Libre 2018

Matricula libre 2018

O prazo de matricula para as probas de certificación libre será do 3 ao 20 de abril de 2018. (Circular 1/2018). A aplicación web para a matrícula estará aberta ata o día 20 ás 12:00 da mañá.

Pinche nas seguintes ligazóns para obter máis información sobre:

Idiomas e niveis que se ofrecen na modalidade libre: Sede central e seccións.

CENTRO IDIOMAS NIVELES
Coruña
  • Alemán
  • Árabe
  • Chinés
  • Español
  • Francés
  • Galego
  • Inglés
  • Italiano
  • Portugués
  • Ruso
  • Xaponés
  • Básico A-2, Intermedio B1, Avanzado B2. Nivel C1
  • Básico A-2, Intermedio B1, Avanzado B2.
  • Básico A-2, Intermedio B1.
  • Básico A-2, Intermedio B1, Avanzado B2.
  • Básico A-2, Intermedio B1, Avanzado B2, Nivel C1
  • Básico A-2, Intermedio B1, Avanzado B2, Nivel C1
  • Básico A-2, Intermedio B1, Avanzado B2, Nivel C1
  • Básico A-2, Intermedio B1, Avanzado B2.
  • Básico A-2, Intermedio B1, Avanzado B2, Nivel C1
  • Básico A-2, Intermedio B1, Avanzado B2.
  • Básico A-2, Intermedio B1.
Arteixo
  • Inglés
  • Básico A-2, Intermedio B1, Avanzado B2.
Carballo
  • Alemán
  • Francés
  • Inglés
  • Básico A-2, Intermedio B1.
  • Básico A-2, Intermedio B1, Avanzado B2.
  • Básico A-2, Intermedio B1, Avanzado B2, Nivel C1
Cee
  • Inglés
Básico A-2, Intermedio B1, Avanzado B2.
Culleredo
  • Inglés
Básico A-2, Intermedio B1, Avanzado B2.

 

 Consideracións previas á matrícula

  • É preciso ter 16 anos cumpridos no ano natural de celebración das probas ou 14 anos se opta a un idioma diferente da primeira lingua extranxeira estudada na ESO.
  • Non é posible obter o certificado dun nivel equivalente a outro xa cursado no anterior plan de estudos de EOI.
  • Non é necesario superar o exame de certificación dun nivel inferior para poder presentarse a un superior (excepto para o nivel C1)
  • No caso do nivel C1 de alemán, inglés, francés, galego e portugués deberán posuír ou ter solicitado o título do nivel avanzado ou o antigo de aptitude nesta lengua expedido por unha EOI ou no caso do idioma inglés o certificado acreditativo da validación do Certificate of Proficiency emitido polo MEC.
  • Non poderá estar matriculado no mesmo idioma e curso no mesmo ano académico por ensino oficial e libre simultaneamente.
  • O alumnado que xa realizou estudos nunha EOI en cursos anteriores e desexe matricularse polo réxime libre nesta escola en 2017-2018 deberá  indicalo e achegar certificación académica da escola da que procede.
  • Non hai límite de convocatorias en modalidade libre.

 Procedemento de matrícula

  1. Acceder a esta ligazón e matricularse nas probas de certificación dos idiomas e niveis que lle interesen.
  2. Pagar as taxas (consulte aquí como proceder ao pago das taxas).
  3. Formalizar a súa matrícula presentando a documentación dentro do prazo establecido na secretaria do centro ou nas seccións respectivas (Carballo, Cee).

Documentación necesaria para a matrícula

  • Resgardo de matrícula libre xerado pola aplicación na web (emite 2 copias automáticamente).
  • Comprobante do pago das taxas.
  • Menores de 16 anos: certificado do seu centro indicando a súa 1ª língua estranxeira na ESO. Premer aquí
  • Alumnado CALC: documento de realización do curso emitido polo CFR, onde conte que cumpre co requisito de asistencia.
  • O alumnado que vaia a presentarse ás probas de ABAU (antiga SELECTIVIDADE) debe facelo constar para telo en conta na realización da proba oral.
  • Para o nivel C1: fotocopia cotexada do certificado do nivel avanzado ou do certificado de aptitude expedido por unha EOI (no caso de ter superados os estudos e non dispor aínda do certificado, deberá presentar unha certificación académica expedida pola EOI correspondente, acompañada do xustificante de ter aboados os prezos públicos para a expedición do certificado de nivel avanzado ou de aptitude). No caso de inglés, tamén copia cotexada do Certificate of Proficiency validado polo MEC.
  • O alumnado procedente doutras EOIs deberá presentar certificado de estudos da EOI de orixe.

O alumnado que se matricula por primeira vez neste EOI deberá ademáis presentar:

  • Fotocopia do DNI ou, no caso de persoas estranxeiras,  NIE ou pasaporte.
  • Dúas fotos de carné.

Custo da matrícula. Premer aquí

Datas das probas. Premer aquí

Guías para os candidatos e modelos de probas

Proba de certificación de Nivel C1: restricións de acceso

Poderá optar á proba de certificación de nivel C1 o alumnado que estea en posesión do certificado de nivel inmediatamente anterior (nivel avanzado, ciclo superior ou reválida) expedido por unha EOI, o que deberá demostrar documentalmente. De ter superado os estudos e non dispor do certificado, debrá presentar unha certificación académica estándar acompañada do xustificate de ter aboado os prezos públicos para a expedición do certificado de nivel avanzado ou certificado de aptitude (ciclo superior). No caso de inglés, tamén serve como acreditación de acceso o Certificate of Proficiency validado polo Ministerio de Educación Cultura e Deporte.