Taxas alumnado oficial

Taxas na modalidade oficial:

ALUMNADO ANTIGO (1)    
Tipo de alumnado 1 idioma 2 idiomas 3 idiomas
Alumnado ordinario  105 197  289
Familia numerosa xeral  52,50  98,50  144,50
Familia numerosa especial  0  0  0
Minusvalías, outros...  0  0  0
Bolseiros ou solicitantes de bolsa 0 0 0
Funcionarios docentes  13  13  13
ALUMNADO NOVO (2)    
Tipo de alumnado 1 idioma 2 idiomas 3 idiomas
Alumnado ordinario  127  219  311
Familia numerosa xeral  63,50  109,50  155,50
Familia numerosa especial  0  0  0
Minusvalías, outros...  0  0  0
Bolseiros ou solicitantes de bolsa 0 0 0
Funcionarios docentes 35 35 35

 

Taxas nos cursos de destrezas:

ALUMNADO ANTIGO (1)
    DESGLOSE
  A Pagar Docencia Servizos xerais Apertura expediente
Cursos de 30h 58 45 13 0
Cursos de 60h 103 90 13 0
Cursos de 120h 193 180 13 0
 ALUMNADO NOVO (2)
  A pagar Docencia Servizos xerais Apertura expediente
Cursos de 30h 80 45 13 22
Cursos de 60h 125 90 13 22
Cursos de 120h 215 180 13 22

 

(1) Por alumnado antigo enténdese o alumnado que xa estivo algunha vez matriculado nunha EOI de Galicia.

(2) Por alumnado novo enténdese o alumnado que se matricula por primeira vez nunha EOI de Galicia.


Este é o desglose de conceptos das tasas da matrícula oficial:

  • Apertura de expediente: 22€ (só alumnado que se matricula por primeira vez nunha EOI de Galicia).
  • Servizos Xerais: 13€
  • Matrícula por cada idioma en réxime oficial: 92€.

Exencións e descontos:

  • Familias numerosas de categoría especial: exención do 100%.
  • Familias numerosas de categoría xeral: exención do 50% do importe total.
  • Funcionarios en activo dos corpos docentes establecidos na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (BOE do 04/05): exención das taxas de matrícula, unicamente nas materias de nova matriculación. O persoal docente deberá acreditar que está en servizo activo no momento de formalizar a matrícula presentando o certificado de funcionario expedido pola sección de persoal docente da Consellería de Educación. Non é válido un certificado do centro nin de servizos prestados. Non hai redución de prezos públicos para o alumnado repetidor.
  • As persoas cun grao de minusvalía igual ou superior ao 33%: exención do 100%
  • As vítimas de actos terroristas, así como seus cónxuxes e fillos: exención do 100%
  • As vítimas de violencia de xénero, así como os seus fillos: exención do 100%

Importante: En todos os casos debera adxuntar a documentación na plataforma de centros.net


Pago aprazado:

A modalidade oficial permite fraccionar e aprazar as contías referidas exclusivamente ao concepto de matrícula: o 50% no momento da matrícula e o resto antes do 29 de xaneiro. O segundo pago vai domiciliado a súa conta bancaria. Máis información aquí


Procedemento de pago:

Pódese facer de dous xeitos: É imprescindible o envío do resgardo deste pago a través da plataforma de centros.net

  1. Recollendo o impreso de taxas na conserxaría do centro, cubríndoo e pagando no banco.
  2. Xerando o impreso seguindo os pasos deste tutorial: Clic aquí (Titorial para o pago de taxas: Clic aquí).

 As taxas das EOI de Galicia están reguladas polo Decreto 89/2013 do 13 de xuño (DOG do 17-06)