50 aniversario da EOI da Coruña - O noso edificio

Mural escultórico de Manuel Ferreiro Badía (1985)

Este mural escultórico, que da a benvida aos usuarios na entrada do centro, amosa a diversidade lingüística do mundo. As raias pequenas representan todas as linguas, mentras que as liñas longas son as fronteiras que as separan.
O mural reflexa o espírito inclusivo da nosa escola, abrazando o pluralismo cultural e fomentando un ambiente onde se valoran e celebran cada lingua e cada voz.
Nesta imaxe do ano 1985 podemos ver ao escultor traballando no mural, que foi forxado in situ no recibidor da escola.
Para máis información sobre o artista e a súa obra, clica na imaxe e visita a súa páxina web.

Folleto do ano 1985 sobre o novo edificio da EOI da Coruña

 
 
 
 
 
 
 
Pintura de Gerardo Porto

Plano da obra do arquitecto Andrés Fernández-Albalat na Coruña
(clic na imaxe para descargar da web do COAG)

Placa conmemorativa da inauguración do actual edificio da EOI en 1985