Skip to Content

Blogues

ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO

Ábrese o prazo de admisión de novo alumnado para o vindeiro curso 2021-2022.

PRAZO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Do 1 ao 22 de marzo.

Cada alumno/a presentará unha única solicitude na que pode solicitar praza nun máximo de 6 centros por orde de preferencia.

Os formularios de solicitude Modelo ED550B (Anexo II) están dispoñibles en galego e castelán.  Pódese acceder no enlace e cumprimentar online ou ser descargados e cubertos manualmente. Poderán tamén ser recollidos na secretaría da escola.

A entrega da solicitude e documentación pode facerse:

DOCUMENTACIÓN a presentar:

1.Solicitude , Modelo ED550B (Anexo II), cuberta e firmada. A solicitude poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade, cando se refiran a fillas/os comúns dun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito debidamente inscrita no Rexistro de parellas de feito de Galicia. Nos demais casos requírese a sinatura das dúas persoas titulares, agás familias monoparentais ou en situación de violencia de xénero.

2.Fotocopia do DNI /NIE do alumno/a ou ben do libro de familia.

3. Para optar por unha praza de NEAE  achegarase documentación que acredite as circunstancias alegadas.

 

No caso de presentarse máis solicitudes que prazas vacantes abriríase un prazo de 10 días para a presentación voluntaria de outra documentación para baremar.

 

Prazas ofertadas

  • 4ºEI 3 ANOS: 22 PRAZAS DE ACCESO LIBRE E 3 PRAZAS PARA NEAES (necesidade específica de apoio educativo). Nenos e nenas nacidos no ano 2018
  • 5ºEI 4 ANOS: 20 PRAZAS. Nacidos no ano 2017
  • 6ºEI 5 ANOS: 14 PRAZAS. Nacidos no ano 2016

Ao remate do prazo as listaxes de admitidos e excluídos poderán consultarse na aplicación admisionalumnado co certificado digital ou Chave365 e estarán expostas no interior da escola.

Posteriormente realizarase a FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA do 20 ao 30 de Xuño de 2021.

Pódese consultar información detallada e a normativa correspondente a todo o proceso na seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/escolarizacioneadmision

Para calquera dúbida estamos a vosa disposición no teléfono da escola, 616466312, en horario lectivo e no correo electrónico eei.vilarrodis@edu.xunta.gal

As familias que desexen coñecer á escola poden solicitar unha cita por teléfono ou correo electrónico

 

PRAZO DE RESERVA DE PRAZA EN PRIMARIA NO CEIP DE GALÁN

Ábrese o proceso de reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

Aquelas familias que desexen que as súas fillas e fillos inicien os estudos de Ed. Primaria o vindeiro curso 2021/2022 no noso centro adscrito, CEIP de Galán, deberán realizar a reserva da praza cumprimentando unha solicitude. O prazo de reserva abrangue do 11 de xaneiro  ao 8 de febreiro.

As familias poderán utilizar unha das seguintes vías

Cumprimentar as solicitudes a través da plataformahttps://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
seguindo os seguintes pasos:  SOLICITUDES - RESERVA - CREAR.

Unha vez cuberta, deberase presentar no rexistro da EEI de Vilarrodís-Oseiro (centro educativo de orixe) ou ben fisicamente, presentando o documento impreso,  ou a través de calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015 do 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común, incluíndose a SEDE ELECTRÓNICA (para o que se precisará de Chave 365 ou certificado dixital)

Cumprimentar as solicitudes de xeito manual cubrindo e asinando os formularios que se achegan e entregándoos á titora.

 

Ante calquera dúbida consultade na escola.

 
Mais información e normativa aplicable no seguinte enlace:
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/32849

RECOLLIDA SOLIDARIA DE ALIMENTOS

Estes días atoparedes unhas caixas na entrada da escola para depositar alimentos non perecedeiros para o Banco de Alimentos Rías Altas. A escola, a través da ANPA O Loureiro, colabora con esta iniciativa da Asociación O Grilo para axudar as persoas e familias que o precisen nestas datas tan sinaladas e tan difíciles este ano. As caixas estarán dispoñibles ata o vindeiro martes 22, coincidindo co remate da actividade lectiva deste trimestre. Animádevos a participar!

CARTEIRO REAL

O vindeiro XOVES 17 a escola recibirá a visita do Carteiro Real para recoller as cartas que os nenos e as nenas están a realizar nas aulas coas peticións de agasallos para Nadal.

A diferencia doutros anos, esta vez a recepción será no patio cuberto. Manterase a distancia social, evitando o contacto directo e o uso de máscaras será, por suposto, obrigatorio para todos os adultos.

 

MASCARILLAS SOLIDARIAS

A escola participa na campaña de recollida de alimentos organizada polo Centro Comercial Aberto de Arteixo. O alumnado da escola estivo a pintar mascarillas que estarán expostas nos comercios da vila. As mascarillas son simbólicas, non levan procesos de hixenización nin homologación, non son válidas como protección.

As máscaras están xa decorando a Joyería Barca. Podedes participar intercambiando a mascarilla do voso fillo ou filla por un alimento. Todos os alimentos recollidos serán doados ao Banco de Alimentos Rías Altas.

Tedes mais información premendo no cartel:

 

Samaín na escola

Actividades Extraescolares

Dende o Concello de Arteixo recordánnos que aínda podedes solicitar unha actividade extraescolar para os martes pola tarde ou ben asistir a algunha no Ceip de Galán.

Aquí vos deixamos unha imaxe da convocatoria e abaixo, como adxunto, o documento coa solicitude.

AXUDAS DO CONCELLO PARA MATERIAIS ESCOLARES

Lembrade que o prazo remata o 20 de Outubro e que tedes que presentar factura xunto coa solicitude

 

NOTA INFORMATIVA 2

Documentos COVID para a nosa escola...

Queridas familias,

Lamentamos a tardanza en darvos a coñecer uns documentos que guiarán o noso camiño no presente curso.

Son documentos que responden a reflexións de varias semanas. Aquí os tedes:

-Plan de adaptación á COVID-19.

-Plan de continxencia.

Esperamos que sexan crarificadores e agradecemos que nos fagades chegar calquera suxestión de mellora que vexades.

Deixamos un enquérito de autoavaliación coa idea de facilitarvos o chequeo diario antes de acudir á escola.

Un saúdo!

O equipo docente da EEI de Vilarrodís

Nota: Lembrade clicar nos textos para acceder aos documentos. Graciñas!

Distribuir contido


by Dr. Radut