Skip to Content

Reserva de Praza en Centro Adscrito

A día de hoxe (15 DE XANEIRO) abriuse o prazo para que o alumnado de 6º de EI da escola reserve a súa praza no CEIP GALÁN e continuar alí 1º de Primaria o vindeiro curso 2024/2025.

O prazo é dende o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro de 2023, ambos incluídos.

FORMAS DE PRESENTACIÓN (3 formas)

1ª) O impreso pode ser cuberto polas familias de xeito manual e entregado no noso centro.

IMPRESO PARA DESCARGAR, IMPRIMIR, CUBRIR E ENTREGAR NO CENTRO

IMPRESO ED550A  en Galego

IMPRESO ED550A en Castellano

Podedes solicitalo na escola.

 _______________________

2ª) A través da aplicación Admisión Alumnado na seguinte ligazón

APLICACIÓN ADMISIÓN ALUMNADO

Manual de Axuda para cubrir a solicitude.

De ser cuberta na aplicación deberán seguir os seguintes pasos:

    1º Acceder ao apartado de SOLICITUDES – RESERVA - CREAR

   2º Unha vez cuberta, premer no botón “Crear e Confirmar” co que poderemos descargala, imprimila e entregala na escola.

 _______________________

3ª) Pode tamén tramitarse a reserva a través da SEDE ELECTRÓNICA e presentar asinada de maneira telemática na seguinte ligazón (para o que se precisa chave 365 ou certificado dixital)

SEDE ELECTRÓNICA

  • Na propia aplicación, Solicitudes – Admisión – Crear.

  • Unha vez cuberta, premer no botón “Confirmar Solicitude”

  • Despois premer en “Firmar e presentar na Sede Electrónica”

 Se tendes algunha outra dúbida ou problema estaremos encantadas de axudarvos.

   ________________________

Premendo AQUÍ tendes información sobre o proceso de admisión do alumnado.

Moitas grazas

 



blog | by Dr. Radut