Skip to Content

Blogues

Día non lectivo

Bo día familias, 

 

Informámosvos que o vindeiro LUNS día 5 de decembro será NON LECTIVO na nosa escola.

De este modo, a asistencia ao centro durante esa semana, contando tamén cos días festivos sería a seguinte:

 

LUNS 5: Non asistimos á escola, día non lectivo propio do centro.

MARTES 6: Non asistimos á escola, festivo polo día da Constitución.

MÉRCORES 7. Si asistimos á escola.

XOVES 8. Non asistimos á escola, festivo polo día da Inmaculada.

VENRES 9: Si asistimos á escola.

 

Saúdos!

Padlet Teacher Toño: Recompilación de vídeos en inglés.

Boas tardes.

Aquí deixamos unha ligazón cun recompilatorio de material audiovisual co que traballamos con regularidade en clase. Os vídeos están organizados de xeito temporal en función dos contidos que estamos vendo nesa unidade. Iremos modificándoo con regularidade, así que se queredes practicar na casa vos recomendo gardar o enderezo en favoritos para aceder a eles.

https://padlet.com/asensioroldan/Teachert

Espero que vos guste.

Un saúdo.

Blog da Profe de Relixión Católica

Adxuntámosvos o enlace ao blog da Profe de Relixión Católica, Reyes, quen irá compartindo con vós as cousiñas que fan na súa clase. Agárdavos! 

http://nuestrorinconcitodereli.blogspot.com/

Recollida de Material de Escritura en Colaboración con TERRACÁN

Gustaríanos comentarvos a nova actuación que estamos a levar a cabo na escola a favor da Asociación Protectora de Animais Terracán Ferrol.

Trátase dunha recollida permanente de material de escritura que estean agotados ou non funcionen (como bolígrafos, rotuladores, cinta correctora, etc.).

A través desta recollida consiguen axudas para asumir os custos veterinarios, de comida e manutención dos animais aos que axudan día tras día, polo que vos pedimos a vosa colaboración.

Teremos esta caixiña na porta da escola, na que poderedes ir depositando este tipo de materiais.

 

 

 

Moitísimas grazas!

RECORDATORIO A PROL DA SAÚDE

FESTA MAGOSTO

Como moitos de vós xa sabedes, mañá Martes 8 de novembro ás 17h, a ANPA da escola organiza unha festa de MAGOSTO na propia escola.

 

Non faltará música, castañas, chocolate e xogos, e será unha oportunidade perfecta para xuntarvos todas as familias e nenos e nenas de escola para coñecervos máis. Animádevos!

 

 

 

 

 

 

 

 

MERENDAS SAUDABLES DE SAMAÍN

Co propósito de continuar desfrutando dunha alimentación saudable, lanzámosvos algunhas propostas de merendas de Samaín para que traian este Venres. Lembrade a importancia de evitar a entrada de alimentos ultraprocesados na aula. 

Ensinémoslles xuntos/as a desfrutar dunha boa alimentación. Quen dixo que unha merenda saudable non pode ser divertida e terrorífica? 

 

LUNS 31 DE OUTUBRO NON LECTIVO

Recordámosvos que, seguindo o calendario establecido pola Consellería de Educación, concretado na Orde do 20 de maio de 2022, o día 31 de outubro é NON lectivo nos centros docentes, por ser establecido como Día do Ensino. 

 

Plan Dixital

Distribuir contido


by Dr. Radut