Skip to Content

PLURILINGÜE

        

 

 

 

4º E.I. (3 ANOS)

ANIVERSARIO DE JAVIER

O mércores 24 de Xaneiro festexamos na aula o aniversario de Javier, o primeiro que cumpre 4 anos.

¡¡¡ Moitas felicidades, Javi!!!  Ti es o maior de todos.

¡¡A merenda estaba riquíiiiisima!!

 

DERRADEIRA CLASE DE PSICOMOTRICIDADE 1º TRIMESTRE

SOMOS ESTATUAS

A COLCHONETA É A NOSA CASA

XOGO DE BOLOS

SALTOS

 

RELAX FINAL...

O MÉRCORES 20 DE DECEMBRO FOI A NOSA DERRADEIRA CLASE DE PSICOMOTRICIDADE DESTE TRIMESTRE.

XOGAMOS A CORRER POLA SALA E PARAR CANDO A PROFE DICÍA ESTATUA

BUSCAMOS REFUXIO NAS COLCHENETAS QUE ERAN ÁS CASAS PARA QUE O LOBO NON NOS COLLESE ( O LOBO ERA A PROFE YOLI )

XOGAMOS POR PRIMEIRA VEZ AOS BOLOS

FIXEMOS PEQUENOS SALTOS

E PARA REMATAR, UN POUCO DE RELAX...

Festa de aniversario de Sara e Daniel

O derradeiro venres festexamos o aniversario de Sara e Daniel, os máis pequerrechos da clase, que cumpriron, por fin, os tres anos, e convidáronnos a unha merenda riquísima. Aquí tedes as fotos da festa. ¡¡Moitas felicidades Sara e Daniel!!

 

Comezamos o proxecto: Poetízate con Lola

A Ratiña Lola trouxonos un agasallo xenial: unha caixa cunha nota. Sara foi a encargada de abrirla. Na súa carta díxonos que de maior quería ser poeta, contounos que a súa maior ilusión era ser a poeta máis  famosa do mundo mundial. A caixa estaba chea de libros de poemas, uns poemas moi especiáis porque eran poemas con música. A profe Paloma leunos uns cantos e encantáronnos. Os libros eran de Antonio Rubio, o poeta preferido da ratiña Lola, e , de agora en adiante, tamén vai ser o noso poeta  favorito.

 

 

 

Xa chegou o Nadal

Por fin chegou o Nadal. Hoxe, na aula dos pequerrechos de 3 anos recibimos unha carta de Papá Noël  e  un "Calendario de Nadal", cheo de sorpresas para cada día. Sara, a encargada, abríu o sobre do día 1,que estaba cheo de galletiñas de chocolate; e o sobre do día  2 de decembro, trouxo unha adiviña que acertamos moi rápido. Os deixamos unhas fotos para que podades velo.

 

 

Aniversario de Sabela.

Sabela xa cumpríu os tres anos e invitounos a unha merenda riquísima!!!  ¡¡¡ PARABENS  SABELA!!!

 

CLASE DE IOGA INFANTIL

O PASADO MÉRCORES DÍA 8 DE NOVEMBRO OS NENOS DE 3 ANOS RECIBIMOS UNHA CLASE DE IOGA INFANTIL GRAZAS A GIO, NAI DE UNAI E JOEL E MONITORA DE IOGA. DA MAN DO CONTO " EL MONSTRUO DE COLORES " XOGAMOS CO CORPO, COAS EMOCIÓNS.. FOI UNHA CLASE FANTÁNTICA ! GRAZAS GIO!

 

 

¡¡POR FIN CHEGOU O SAMAIN!!

E PARA FESTEXAR ESTA DATA, DISFRAZÁMONOS PARA DAR MOITO MEDO. A NOSA AULA ESTABA CHEA DE BRUXAS, DRÁCULAS, PANTASMAS,ESQUELETES, CABAZAS TERRORÍFICAS...¡¡QUE MEDO!! E TAMÉN FIXEMOS UN OBRADOIRO DE COCIÑA. PREPARAMOS DÚAS RECEITAS MOI  TERRORÍFICAS: MOMIAS E ARAÑAS, ¡¡QUE RICAS ESTABAN, COMÍMOLO TODO E PASÁMOLO XENIAL!! 

 

 

ANIVERSARIO DE LOLA E LOIS

Lola e Lois xa teñen 3 anos,!! Moitas Felicidades¡¡

 

 

 

A NOSA PRIMEIRA CLASE DE PSICOMOTRICIDADE NO PAVILLÓN

 

 

O PASADO MÉRCORES DÍA 11 DE OUTUBRO FOMOS POR PRIMEIRA VEZ AO PAVILLÓN DE DEPORTES A UNHA CLASE PSICOMOTRICIDADE.

FOI TODA UNHA AVENTURA!! PASÁMOLO XENIAL !

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut