Skip to Content

PLURILINGÜE

        

 

 

 

Avisos

ATENCIÓN AO PÚBLICO

ATENCIÓN AO PÚBLICO CON CITA PREVIA OU NOS TELÉFONOS E CORREO ELECTRÓNICO DA ESCOLA:

986 380 120

665 832 640

eei.dunas.panxon@edu.xunta.es

AXUDAS DE COMEDOR ESCOLAR MENTRES ESTEAN SUSPENDIDAS AS CLASES PRESENCIAIS

 Estimadas familias:

 

A Xunta de Galicia vén de publicar no DOG a Orde do 27 de marzo de 2020, pola que se establecen axudas económicas para as familias de alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar, en concreto para aquelas familias ás que o comedor lle sale gratis ou a pagar un euro.

Esta axuda é de carácter temporal e debida á situación de suspensión do servizo de comedor. Con elas trátase de axudar economicamente a aquelas familias que durante este período se teñen que facer cargo dos gastos de alimentación dos seus fillos e fillas.

A axuda será de 2,50 euros por día para quenes teñen gratuidade total, e de 1,50 para quenes teñen que pagar 1 euro pola prestación do servizo. Estas cantidades abonaríanse na conta bancaria que indique a familia ao facer a solicitude.

Preséntase unha única solicitude por familia que incluirá á totalidade de fillos e fillas escolares. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). De tódolos xeitos, para aquelas familias que teñan dificultades para formalizar a solicitude por medios electrónicos, poderán solicitar á dirección desta escola que formalice a solicitude. Deste xeito, as familias que queiran que sexa a dirección do centro a que formule a solicitude, deberán mandar un correo electrónico, o antes posible, a eei.dunas.panxon@edu.xunta.es coa seguinte información: a) DNI da persoa respresentante legal do alumnado. b) Nome, apelidos e curso dos fillos/as. c) Número de conta bancaria onde quere recibir o aboamento da axuda.

Para calquera dúbida poñerse en contacto coa dirección da escola nos seguintes números de tlf: 986380120 e 665832640 así como na dirección de correo electrónico anterior.

Preme na ligazón para consultar a orde con toda a información.

ORDE do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19, co levantamento dos prazos de suspensión do procedemento (código de procedemento ED601B).

 

Un saúdo.

 

 

EN CONTACTO CONNOSCO

QUERIDAS FAMILIAS, ESTES DÍAS A ESCOLA ESTARÁ PECHADA POLA SEGURIDADE DE TODAS E TODOS  PERO O NOSO TRABALLO NON SE VAI DETER NIN VOS DEIXAMOS SÓS. QUEREMOS QUE SAIBADES QUE PODEDES POÑERVOS EN CONTACTO CONNOSCO NO Nº DE TLF 665832640, NO MAIL DA ESCOLA eei.dunas.panxon@edu.xunta.es ASÍ COMA NOS NOSOS CORREOS ELECTRÓNICOS:

YOLANDA VIEITEZ (titora de 4º): yolandavieitez@edu.xunta.es

YOLANDA COLMENERO (titora de 5º): colmenerofeijooyolanda@gmail.com

SONIA CÉLIZ (titora de 6º): auladecincodunas@gmail.com

RAQUEL ARCA (AL): audiylin@gmail.com

ANA RODRÍGUEZ (PT): anar@edu.xunta.gal

GEMA NOVO (apoio): pequesdepanxon@gmail.com

JUAN GONZÁLEZ (inglés): jgleston@edu.xunta.es

XUNTOS IMOS SUPERAR ISTO! MOITA SAÚDE FAMILIAS!!

- CONSELLOS DUN EXPERTO PARA ESTE TEMPO DE CORENTENA -

Álvaro Bilbao ofrécenos este video, para que llo ensinedes aos vosos fillos menores de 6. Como ben nos indica: axudaralles a ter menos perrenchas relacionadas con saír á rúa. É normal que os nenos entre 2 e 6 anos teñan perrenchas. Nestas situacións axúdalles ter indicacións claras.

1. Ensinádelles o vídeo cando estean tranquilos para que o poidan procesar ben.

2. Podédesllo volver ensinar se volven repetir iso de que queren saír á rúa.

3. Sede comprensivos pero firmes. Podedes dicirlles frases como "Claro! Tes moitas ganas de saír á rúa, verdade? Enténdoche, pero non podemos saír.

4. Non deades moitas explicacións. A mellor forma que se pase a perrencha é dicilo un par de veces de forma breve e acougada e non insistir todo o intre co mesmo.

5. Relaxar outras normas da casa.

6. Dádelles  mooiiito afecto.

Digo o mesmo que  Alvaro Bilbao, espero que este vídeo axúdevos o máximo posible.

Ánimo e pensade que xa queda menos para que a corentena termine.

 

QUE PODEMOS FACER NAS CASAS ESTAS SEMANAS?

QUERIDAS FAMILIAS: O PROFESORADO DA EEI AS DUNAS QUEREMOS COMPARTIR CONVOSCO CONTIDO QUE CONSIDERAMOS ÚTIL PARA ESTES DÍAS QUE SE AVECIÑAN. COMPARTIREMOS CONVOSCO ARTIGOS DE INTERESE SOBRE O CORONAVIRUS, RECOMENDACIÓNS NOSAS E DE EXPERTOS SOBRE COMO TRATAR ESTE TEMA COAS CRIANZAS, IDEAS XERAIS PARA ORGANIZAR O DÍA A DÍA, IDEAS GLOBAIS DE ACTIVIDADES PARA LEVAR A CABO ASÍ COMO TAMÉN ACTIVIDADES MÁIS CONCRETAS SE QUEREDES FACER COA CATIVADA NA CASA E QUE PERMITIRÁ QUE PASEDES UN TEMPO AGRADABLE EN FAMILIA. PARA CALQUERA DÚBIDA PODEDES POÑERVOS EN CONTACTO CO PROFESORADO POR ESTA VÍA. AS PUBLICACIÓNS FARANSE NO APARTADO "ACTIVIDADES" DENTRO DO CORRESPONDENTE A CADA GRUPO (4º, 5º OU 6º), OU BEN NA NOVA ETIQUETA "CORONAVIRUS. TEMPO EN FAMILIA".

EMPEZAMOS LOGO ESTA NOVA AVENTURA!!! ACOMPAÑÁDENOS!!

ORGANIZACIÓN DE ACTIVIDADES PARA AS SEMANAS DE PERMANENCIA NA CASA

ESTIMADAS FAMILIAS, O PROFESORADO DESTA ESCOLA ESTÁ A ORGANIZARSE PARA PROGRAMAR ACTIVIDADES QUE SE PUBLICARÁN POR ESTE MEDIO PARA QUE AS FAMILIAS POIDADES LEVAR A CABO COAS CRIANZAS, DE XEITO VOLUNTARIO, MENTRES DURE ESTE PERÍODO DE PERMANENCIA NA CASA.

AVISO URXENTE

 

 

Estimadas familias:

Ante a comunicación realizada polo Presidente da Xunta de Galicia nos medios informativos, informamos que a partir do vindeiro luns 16 de marzo de 2020, o centro suspende as clases durante 14 días.

Mañá venres día 13 de marzo, o centro permanecerá aberto, mais a recomendación que se fai dende a Xunta é que se evite traer ao alumnado ao centro. De tódolos xeitos, aqueles que asistan serán debidamente atendidos.

Estes son os datos cos que contamos ata o momento. Seguiremos informando en canto a Consellería nos dé instrucións do procedemento a seguir.


 

 

RECOMENDACIÓNS DA CONSELLERÍA DE SANIDADE EN RELACIÓN Á SITUACIÓN ACTUAL DO NOVO CORONAVIRUS EN GALICIA

DEIXAMOS NO ARQUIVO ADXUNTO AS RECOMENDACIÓNS QUE PUBLICA A CONSELLERÍA A DÍA 3 DE MARZO DE 2020

 

- ESCOLA DE NAIS E PAIS "DISCIPLINA POSITIVA" -

Desde a Escola, queremos ofrecervos ás familias,  actividades/charlas que vos poidan resultar prácticas e interesantes. Comezaremos o vindeiro xoves 5 de marzo, de 16:30h a 18:30h, coa charla "Disciplina Positiva" a cargo de Elena Fernández Serrano.

Estades todos/as convidados/as á charla.

A continuación deixámosvos os trípticos da charla, para que vos fagades unha idea sobre o que se vai tratar.

 

 Esperámosvos!!

Distribuir contido


by Dr. Radut