Skip to Content

PLURILINGÜE

        

 

 

 

Suxestións para tempo de lecer

FESTIVAL DE TÍTERES DE REDONDELA 2022


PREMA NA IMAXE PARA COÑECER O PROGRAMA.

NON VOLO PERDADES!

 

ESPECTÁCULO DE MONICREQUES PARA PÚBLICO INFANTIL TITULADO UNHA NOITE CON LAXEIRO

O vindeiro 17 de maio, ás 12.30h do mediodía, terá lugar na Fundación Laxeiro o espectáculo de monicreques para público infantil titulado Unha noite con Laxeiro a cargo da compañía Titeresnatuacasa.

 A Fundación Laxeiro une a celebración do Día das Letras Galegas (17 de maio) co Día Internacional dos Museos (18 de maio) neste espectáculo para nenas e nenos de entre 3 e 10 anos que a Fundación Laxeiro ofrece de forma gratuíta. 

 Para asistir, só hai que enviar un correo electrónico a info@laxeiro.org escribindo os nomes completos das persoas asistentes, a idade dos nenos e nenas e un número de teléfono de contacto. Como o aforo é limitado, a Fundación Laxeiro pide que só asista un adulto por familia. 

 Unha noite con Laxeiro é unha creación de Titeresnatuacasa na que o neno Pepiño soña que é un personaxe de Laxeiro e vaise atopando con outros personaxes dos cadros do artista, que lle contan diversas historias sobre a arte e a fantasía, ata que, finalmente, Pepiño atopa o camiño de regreso ao mundo real e desperta do soño.

 A cita é: 

martes, 17 de maio, ás 12.30h do mediodía

Fundación Laxeiro, rúa Policarpo Sanz, 15, 3º, Vigo

Público infantil de 3 a 10 anos

Reservas en: info@laxeiro.org

 

Presentacion do libro: "Camiño portugués da costa : busca e atopa no Camiño de Santiago"

Este venres ás 19h. no edificio Mercado de Sabarís estarán Noelia Muíños e Ramón Quintas, que forman Papelier para presentar o seu libro: 

"Camiño portugués da costa : busca e atopa no Camiño de Santiago"

FESTIVAL DE CANS 2022

 PREME NA IMAXE PARA VER O PROGRAMA DO FESTIVAL.

FÍXATE EN MINICANS ( PROGRAMA ESPECIAL PARA NENOS )

 

 

o mercado da arte

MUSEO MASSO

CONTACONTOS DE RAQUEL QUEIZÁS NA BIBLIOTECA MINICIPAL DE NIGRÁN (NA BIBLIOTECA NOVA)

MARTES 26 DE ABRIL DE 2022 ÁS 18:00 H NA BBIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE NIGRÁN ( na nova).

ACTIVIDADE DE RAQUEL QUEIZÁS PARA NENOS/AS A PARTIR DE 5 ANOS. 

Dentro do programa LER CONTA MOITO, teremos unha sesión de Conta Contos da man de RAQUEL QUEIZÁS: " O eco das pedras. As lendas que nos fan pobo". Unha narración oral dirixida a público familiar con nenos e nenas a partir de 5 anos.

Terá unha duración  aproximada dunha hora, onde coñeceremos historias lendarias protagonizadas por mouras e nubeiras, mulleres con poder e decisión.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut