Skip to Content

PLURILINGÜE

        

 

 

 

Celebracións

CHEGOU A SEMANA DO ENTROIDO

CHEGOU A SEMANA DO ENTROIDO, E AÍNDA QUE ESTE ANO VAI SER ALGO DIFERENTE AO HABITUAL, NON QUEREMOS DEIXAR DE FESTEXALO!

Na escola traballaremos sobre esta festa tradicional galega con cantigas, contos, adiviñas, etc. e a maiores facemos dúas propostas para a casa:

1. Un dos contos sobre os que traballaremos é "Tomás el bromista" de Jorge Rico Ródenas, da editorial Kalandraka. Se pinchades aquí podedes ver un vídeo da historia.

Tomás é un  neno moi bromista ao que lle encanta disfrazarse con calquera cousa que atopa pola casa e asustar ás visitas.

Propoñémosvos que fagades o mesmo: mandádenos fotos da cativada disfrazados con produtos de refugallo ou calquera cousa que teñades pola casa. É o xeito máis divertido de disfrazarse, ao estilo de Tomás!

2. Receitario de entroido: enviádenos fotos, vídeos ou receitas típicas que cociñedes neste entroido (filloas, orellas, flores, cocido...)

O prazo para enviar as vosas actividades remata o día 17 de febreiro e debedes facelo á seguinte dirección de correo electrónico: pequesdepanxon@gmail.com

Con todo o recibido faremos unha montaxe e publicarémola na web.

Animádevos a participar e que VIVA O ENTROIDO!!

 

O ENTROIDO

 

Estimadas familias:

A semana do 8 ao 12 de febreiro celebraremos o entroido na escola.

Traballaranse ditos e adiviñas da temática, cantigas, entre elas “O entroido move o corpo” de Paco Nogueiras; contos, entre eles: “El sherif Otto”, “É tempo de entroido” e “Tomás el Bromista”.

Máis adiante farémosvos algunha proposta de traballo na casa.

Este ano, como é un pouco especial, será a Ratiña Lola quen cumpla as ordes do Meco e a cativada elaboraralle nas clases os complementos que precise.

O venres 12 o alumnado poderá vir disfrazado ao cole.

A nosa suxerencia é que o fagan dalgo relacionado co proxecto (a horta). A temática é moi ampla: verduras, froitas, xoaniñas, bolboretas, abellas, flores, espantallos, xardiñeiros e xardiñeiras, etc.

Pero dadas as circunstancias actuais, aconsellamos que aproveitedes os recursos da casa, para evitar mercar nada nin ter que acudir ás tendas. Polo tanto, se alguén ten dificultade en preparar un disfraz desta temática, pode facelo de calquera outra para evitar estes contratempos.

Recordade que a cativada desfrutará igualmente dun día especial independientemente do que se disfracen.

Grazas de antemán.

Un saúdo!

 

3 DE DECEMBRO, DÍA DA DISCAPACIDADE

O DÍA 3 DE DECEMBRO CELÉBRASE O DÍA DA DISCAPACIDADE, POLO QUE ESTA SEMANA AS LECTURAS DA HORA DO CONTO ESTIVERON BASEADAS NESTA TEMÁTICA. ADEMAIS TIVEMOS UNHA SESIÓN ESPECIAL DE ANIMACIÓN LECTORA SOBRE O CONTO "POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA".

 

 
 
 
 

CONMEMORACIÓN 25N

25 DE NOVEMBRO

- 25 DE NOVEMBRO -

25 DE NOVEMBRO

"DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER".

VÍDEO DO C.B. NIGRÁN

 

RECAUDACIÓN CARREIRA SOLIDARIA

LEMBRADES A CARREIRA SOLIDARIA NA QUE PARTICIPAMOS NO CPI ARQUITECTO PALACIOS NO MES DE XANEIRO PARA CONMEMORAR O DÍA DA PAZ? POIS BEN, O OBXECTIVO DESTA CARREIRA ERA RECAUDAR CARTOS QUE SERÁN DOADOS AO CONCELLO DE NIGRÁN. ÉSTE SERÁ O ENCARGADO, MEDIANTE OS SERVIZOS SOCIAIS, DE FACELOS CHEGAR EN FORMA DE CHEQUES EN PRODUTOS ALIMENTARIOS, ÁS FAMILIAS QUE MÁIS O PRECISEN DESTE CONCELLO.

A RECAUDACIÓN CONSEGUIDA POLO ALUMNADO DE 6º DA NOSA ESCOLA É DE:

72 EUROS!!

PARABÉNS CATIVADA!!!!! FIXÉSTELO XENIAL!!!

MOITAS GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA XENEROSIDADE!!

- OBRADOIRO MARUJA MALLO -

O VENRES 6 DE MARZO, PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER (8 DE MARZO), TIVEMOS UN OBRADOIRO SOBRE "MARUJA MALLO" DA MAN DE DONDE VIVEN LOS CUENTOS (CARLA E LORETO). APRENDIMOS MOITAS COUSAS SOBRE ELA E SOBRE A ÉPOCA NA QUE VIVIU, VIMOS ALGUNHAS DAS SUAS OBRAS, FOTOS E FIXEMOS UNHA COLAXE.

PASÁMOLO XENIAL !!!

 

 

- ENTROIDO´20 -

O prometido, aquí tedes un pequeno resumo do desfile de entroido

 

 

ENTROIDO 2020

DENTRO DUNS DÍAS PODEREDES VER O VÍDEO DA CELEBRACIÓN DO ENTROIDO, PERO POLO MOMENTO QUEREMOS AGRADECER A TODAS E TODOS OS QUE PARTICIPASTES NA FESTA: Á ANPA POLO SEU APOIO E COLABORACIÓN, Á POLICÍA LOCAL DE NIGRÁN POR VELAR POLA SEGURIDADE DAS NOSAS CRIANZAS, AOS PEQUES POR PARTICIPAR TAN ILUSIONADOS E ÁS FAMILIAS POR COLABORAR CON TANTA ILUSIÓN E CREATIVIDADE FACENDO OS DISFRACES E COLABORANDO NO PETISCO!! FOI UNHA FESTA XENIAL!!

GRAZAS UNHA VEZ MÁIS!!

Distribuir contido


by Dr. Radut