Skip to Content

PLURILINGÜE

        

 

 

 

MENÚ DE COMEDOR DE DECEMBRO

MAGOSTO 2023

O VENRES 17 DE NOVEMBRO CELEBRAMOS EN FAMILIA A FESTA DO MAGOSTO.
MERENDAMOS BROCHETAS DE FROITA E, COMO NON PODÍA SER DOUTRO XEITO, CASTAÑAS ASADAS!!
FIXO UN DÍA DE OUTONO FERMOSÍSIMO E PASÁMOLO XENIAL COMA SEMPRE QUE RECIBIMOS VISITA NA ESCOLA.
 
 

CONTOS EN CUEIROS 24 DE NOVEMBRO

O próximo venres 24 de novembro ás 18 horasna Biblioteca Municipal de Gondomarpoderemos disfrutar dunha nova sesión de Contos en Cueiros para acompañar aos nenos e nenas de 0 a 3 anos no seu inicio coa lectura. Nesta ocasión viaxaremos cos contos  "ao mundo das cores"

A actividade precisa inscrición previa para poder respectar a capacidade da sala e o benestar dos asistentes á actividade. A entrada será, coma sempre, de balde.

Criterios de inscrición:

Contamos cun aforo limitado a 20 bebés acompañados de 1 persoa adulta. Os criterios de inscrición son os seguintes:

– Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición.

– Para inscribirse cómpre enviar un correo antes das 12:00 horas do mércores 22 de novembro contosencueiros@gmail.com e facilitar:

 

  • o nome do bebé
  • o ano de nacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2021 ou despois
  • o nome da persoa adulta que o vai acompañar
  • un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera)
  • en caso de ser socios/as de Espazo Lectura, o nome do socio/a

– Lembrade que é importante facilitar todos os datos que se solicitan na inscrición. 

– Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza (este correo de confirmación non se enviará antes do remate do prazo de inscrición).

Animádevos a participar!

PRESENTACIÓN DO PROXECTO DE CENTRO: " LIBRIÑOS AO MAR "

CAMPAMENTO MUSICAL

A ESCOLA DE MÚSICA SANTIAGO DE PARADA DO CONCELLO DE NIGRÁN, PENSANDO NA CONCILIACIÓN FAMILIAR, FAI UN CAMPAMENTO PARA O XOVES, 7 DE DECEMBRO, EN HORARIO DE 09:00h A 14:00h, POSTO QUE É DÍA NON LECTIVO NOS COLEXIOS.

O CAMPAMENTO ESTÁ ORIENTADO ÁS CRIANZAS A PARTIR DE 4 ANOS E FARANSE ACTIVIDADES MUSICAIS DE TODO TIPO: XOGOS, CANTAR, BAILAR E TOCAR INSTRUMENTOS MUSICAIS, CUN CUSTO DE 10€.

A MATRÍCULA PARA A NOSA ESCOLA SEGUE ABERTA PARA TODOS OS PÚBLICOS A PARTIR DOS 4 ANOS E SEGUINDO POR ADULTOS.

PODEN CONTACTAR NO TELÉFONO 722651027, NO CORREO ELECTRÓNICO: amsantiagodeparada@gmail.com OU NA NOSA ESCOLA OS MARTES E XOVES DE 16:00h A 20:00h

- EXPLICACIÓN MOCHILA VIAXEIRA -

ESTE VÍDEO É PARA EXPLICARVOS O FUNCIONAMENTO DA MOCHILA VIAXEIRA.

 

CHARLA PARA FAMILIAS "USO E NON ABUSO DE PANTALLAS NA INFANCIA"

GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS ASISTENTES Á CHARLA.

MOITAS GRAZAS CAMINO POLA TÚA APORTACIÓN.

MOITAS GRAZAS ANPA ARQUITECTO PALACIOS POR ATENDER Á CATIVADA DURANTE A MESMA.

MENÚ COMEDOR- MES DE NOVEMBRO

Distribuir contido


by Dr. Radut